As recentes iniciativas impulsadas pola Deputación de Lugo sobre as novas tecnoloxías e a economía do coñecemento están a ter unha gran acollida entre os veciños da provincia: as primeiras 200 prazas dispoñibles para o Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO esgotáronse nun tempo récord de 6 horas; a App A Deputación no teu móbil acumula xa preto de 200 descargas; e os cursos de marketing dixital para os que se abriu o prazo de inscrición o pasado mércores están a piques de cubrir as súas 75 prazas. De feito, as 50 do seminario on line, destinadas a traballadores en activo, empresas e autónomos, esgotáronse en tan só un día, e quedan unicamente media ducia libres no da modalidade semipresencial, destinada a persoas sen emprego. Os interesados poden inscribirse na páxina web www.deputacionugo.org.
O curso a distancia de marketing dixital terá lugar entre o vindeiro 10 de xuño e o 30 de agosto, e o semipresencial, con 25 prazas e para lucenses no paro, desenvolverase entre os días 2 de setembro e 8 de outubro. Neste último caso, as clases presenciais terán lugar na sede do Centro de Innovación Social, no mesmo edificio da Escola de Imaxe e Son (EIS), situado na rúa Frei Prácido Rei Lemos.
Trátase de 2 seminarios organizados pola Deputación a través do Centro de Innovación Social In Lugo e financiados nun 80% pola Unión Europea a través do programa Innova-TE. Ambos son de nivel de iniciación, con 150 horas lectivas cada un, e levan por título Marketing de contidos dixitais na era das TIC. O In Lugo proporcionaralles o material didáctico necesario ós alumnos, que contarán con titorización e axuda durante todo o curso.
As ferramentas e estratexias de marketing dixital que se amosarán nos cursos teñen dous obxectivos fundamentais: por un lado, mellorar a competitividade das empresas, ampliar mercados, fidelizar clientes e aforrar custes, o que contribúe a aumentar o volume de beneficios; e por outro, sacarlles o máximo partido para mellorar o currículo e as posibilidades de inserción laboral. Algúns dos contidos do temario son as campañas on line, blogs e microblogs, a importancia da fidelización on line, a marca no marketing dixital, a eficacia da creatividade fronte á crise, novas estratexias creativas na rede ou a web como tenda 24 horas. Ademais de contidos teóricos, os asistentes coñecerán experiencias reais de éxito, e como elaborar un plan de marketing dixital e poñer en marcha as súas distintas fases.
Un milleiro de participantes en 2012
Con estas novas accións formativas, o Centro de Innovación Social continúa coa súa intensa labor encamiñada a eliminala fenda dixital na provincia, favorecelo equilibrio territorial e aproveitar as TIC para impulsar o desenvolvemento socioeconómico.
Preto de 1.100 veciños e empresas da provincia participaron o pasado ano nas accións formativas, todas gratuítas, organizadas polo In Lugo. Houbo obradoiros e xornadas, eminentemente prácticas, en 22 Concellos da provincia, encamiñadas a mostrar ós lucenses como sacarlle o máximo partido ás TIC na súa vida persoal e laboral, ademais de impulsar o tecido empresarial para manter e xerar emprego. O uso de buscadores web, o comercio electrónico, a formación en community manager, a creación de blogs e páxinas web, e o deseño de campañas de marketing on line foron as xornadas que tiveron unha maior aceptación.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



