Vilalba (Lugo), 13 de maio de 2013.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que apostar pola eficiencia do gasto e pola solvencia das contas públicas permitirá a Galicia incrementar nestes oito anos en preto de 7.000 as novas prazas públicas de escolas infantís. “Temos o compromiso e a determinación de manter os servizos públicos fronte á crise priorizando as necesidades, e estamos sendo capaces de abrir novos hospitais, novas escolas infantís e novos centros de saúde. En definitiva, conservar, manter e ampliar os servizos públicos esenciais; e, se na anterior lexislatura puxemos a disposición 3.000 novas prazas públicas de escolas infantís, nesta que acabamos de empezar poñeremos a disposición outras 3.500”, aseverou.
Destas 3.500 novas prazas públicas, Feijóo precisou que neste momento 2.000 están planificadas e asinadas en convenios, “e estamos en condicións de finalizar 700 delas en 2013”, apuntou.
Durante unha visita ás instalacións da escola infantil de Vilalba, o titular da Xunta precisou que en Lugo, nesta lexislatura, incrementaranse un 10 por cento as prazas en escolas infantís, distribuídas entre os concellos de Burela, O Corgo, Guntín, Meira e Lugo cidade. E, en concreto, adiantou que as novas escolas públicas de 0 a 3 anos de Guntín e Meira estarán rematadas antes de que finalice o ano.
O presidente do Executivo autonómico destacou o esforzo que está a facer a Xunta para, a pesar da crise, mellorar a dotación dun servizo esencial co obxectivo de acadar unha mellor conciliación da vida familiar e laboral. E, nesta liña, incidiu en que nestes catro anos de crise puxéronse a disposición dos pais galegos arredor de 3.000 prazas públicas de escolas infantís, un 55 por cento máis que en época de bonanza. No caso da provincia de Lugo pasouse de menos de 700 prazas públicas a máis de 1.000, un incremento do 39 por cento.
No tocante ao mantemento dos servizos públicos, Feijóo recordou que na actualidade Galicia conta cun total de 19.000 prazas de escolas infantís entre públicas e financiadas con fondos públicos, “e só nesta provincia destinamos preto de 4 millóns de euros ao seu mantemento”, detallou.
Por último, o titular da Xunta reiterou o compromiso da Administración autonómica co Plan para a dinamización demográfica de Galicia 2012-2015, así como a vontade de seguir traballando a través do diálogo e a colaboración cos concellos, “detectando as necesidades obxectivas, priorizando esas necesidades, e traballando man a man para acadalas”, concluíu.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



