Ermida anima ás mariñás e aos mariñaos a rebelarse contra a situación de desemprego e desmantelamento de servizos públicos provocada pola política dos populares
A Mariña, 23 de maio de 2013. Os actos da campaña “Non é unha crise, é un roubo!”, iniciada polo BNG para denunciar o continuo espolio ao que as diferentes medidas levadas a cabo tanto polo goberno central como polo galego están sometendo á cidadanía, continúa na Mariña. Neste caso, unha delegación do Bloque Nacionalista Galego na Mariña, encabezada por Ana Ermida, responsábel comarcal da formación, e Bernardo Fraga, portavoz municipal en Viveiro, informaron á cidadanía de Viveiro da situación que se está a vivir actualmente “e que dende os gobernos Central e Galego queren que vexamos coma unha crise, pero non é máis que un ataque aos dereitos da cidadanía”, explicou Ermida.
Coa posta en marcha desta campaña, dende as filas do Bloque pretenden denunciar as prerrogativas e os beneficios que reciben a banca e o grande capital, fronte ás inxustizas e o roubo que sofre a maioría social, a xente do común. Neste senso Ana Ermida “anima a todas as persoas a rebelarse contra esta situación de desemprego, de desmantelamento de servizos públicos e de suba de impostos que só beneficia aos poderes financeiros”.
“Temos que ser nos mesmos os que respondamos ante os continuos ataques que estamos a sufrir por parte dos gobernos do Estado e da Xunta de Galiza. É fundamental que o pobo se organice e haxa unha resposta multitudinaria dos homes e mulleres do noso país para defender os nosos propios intereses: somos máis e temos que xuntarnos, unirnos e rebelarnos contra esta situación para lograr un cambio real das políticas que se están a levar a cabo”, concluíu Ermida.
Asemade, este reparto informativo serviu tamén para anunciar o acto central da campaña “Non é unha crise, é un roubo!” na Mariña, que terá lugar este sábado, 25 de maio, as 20:30 horas, na praza da Fontenova, en Viveiro, e na que participarán ademais de Ana Ermida e Bernardo Fraga, Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, Xulio Vicente, portavoz de afectados polas preferentes, así como persoas afectadas por este produto financeiro.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



