A Mariña, 25 de maio de 2013.- O BNG prepara o relevo do seu concelleiro no Valadouro segundo asegura o Partido Popular da Mariña logo de coñecerse parte do documento asinado polos partidos que apoian a moción de censura neste concello. Hoxe un medio de comunicación fai público parte do contido deste pacto, asinado ante notario, onde se inclúe expresamente unha cláusula pola que a indemnización de 100.000 euros que se comprometeron a pagar PSOE e UDIVAL en caso de romper o acordo de gobernabilidade, “non se aplicará ao representante nacionalista Eduardo Chao González, ou á persoa do BNG que no seu caso o substitúa”.
Precisamente esta apreciación sirve de base aos populares da comarca para asegurar que ese relevo está decidido e que respondería a diverxencias dentro da formación nacionalista local. Para os populares non é ilóxico que os termos nos que se propón o polémico pacto leven a moitas persoas a dubidar do seu contido e dos verdadeiros obxectivos que hai tras del e asegura que os veciños están escandalizados ante a mercantilización do que debera ser un acordo político e non económico.
DEBEN FACELO PÚBLICO NA SÚA INTEGRIDADE
Desde o Partido Popular insisten en que os asinantes deben facer público a totalidade do contido do documento notarial, e lamentan que O Valadouro se teñan convertido en noticia a nivel nacional incluso polo escandaloso dun pacto de intereses, que non se basea en cuestións políticas senón económicas e que, insisten desde o PP, “pon prezo á alcaldía do Valadouro”

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



