No marco das actividades que se organizan dende a Delegación de Mar e Medio ambiente xunto coa Confraría de Pescadores, as monitoras do Centro de Educación Gaia acompañaron a un grupo de 50 alumnos/as de 1º e 2º do CEIP Vista Alegre a visitar o porto na xornada de onte. As actividades que se realizaron durante a xornada están relacionadas co mar e coa pesca. Os nenos visitaron a Confraría de Pescadores e o seu arquivo histórico. Alí visualizaron unha presentación en formato PPT titulada Así é un barco por dentro. As monitoras explicáronlles aos alumnos cales son as partes do barco e as artes de pesca utilizadas na captura do bonito. O grupo trasladouse despois á nave de redes onde puideron ver como as redeiras traballan os aparellos de cerco, como se traballa a volanta, mentres lles ensinaron os diferentes aparellos e a coser as redes. A edil Patricia López Eijo subliñou que “obxectivo da iniciativa é dar a coñecer aos escolares a cultura mariñeira, os distintos oficios e a importancia de cada tarefa”.























Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



