Burela, 25 de maio de 2013. O equipo de goberno de Burela critica a continua indefinición da Deputación de Lugo coas certificacións ISO 14001 para as praias luguesas. Os populares din que se elles esixen medidas adicionais aos Concellos que custan cartos, algo que non ocorre coa bandeira azul. Desde o equipo de goberno sinalan que “a Deputación Provincial cando puxo en marcha este invento non aclarou se nos anos sucesivos ía seguir correndo cos gastos das certificacións ISO 14001 para as praias do noso concello. Non é culpa nosa esta situación de permanente dúbida. Se a Deputación aclarara a súa intención nun primeiro momento probablemente nosoutros seguiríamos traballando nesa liña”.
Os populares subliñan que “tan mal non o debemos estar facendo porque renovamos as bandeiras azuis nas dúas praias, os dous galardóns e tivemos un máis temático. Dende logo eles non o fixeron mellor nunca e iso que se atoparon coa herdanza que lles deixamos nosoutros”.
O equipo de goberno indica que “a bandeira azul non nos costa nada porque contamos coa infraestrutura que temos nas praias herdada do goberno anterior do Partido Popular, porque o bipartito nas praias non fixo nada salvo poñer unha ducha. Pensamos que se nos sae gratis debemos seguir apostando pola bandeira azul”.
Sobre a certificación ISO 14001 o grupo de goberno di que “aínda que os trámites auditores os pague a Deputación de Lugo o que si é certo é que lle esixen unhas medidas adicionais ao Concello que custan diñeiro. Aparte diso está a sensación de indefinición permanente que ten a Deputación, que non di nunca se para o ano seguinte vai seguir pagando as auditorías correspondentes. Polo tanto que non nos veñan con milongas e disculpas”.
Desde o equipo de goberno rexeitan as críticas realizadas desde o PSOE nas que dicían que o turismo está abandonado en Burela, “iso non é certo e como mostra dous botóns: a promoción que fixemos de Expomar, presentando a feira en varios lugares para que a xente viñera e os hoteis de Burela estiveron cheos este fin de semana e o pobo estivo de bote en bote, o que quere dicir algo; e eles que se riron cando dixemos que o peixe de Burela ía estar na volta ciclista a España no seu día, hai un ano, pois aí está. Agora falan de turismo porque non teñen outra cousa de que falar. Se arranxaran primeiro as súas cuestións internas probablemente despois terían as cousas máis claras”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



