BIENVENIDOS:
UN
RINCÓN
ESTUPENDO
LES
AGUARDA
Herminia Pernas Oroza.- Este simpático acróstico formou parte dun cartel publicitario da nosa Burela dos anos setenta. Non se lle pode negar unha alta dose de enxeño pero de aí a que fose verdade… vostedes xulgarán.
A pequena parroquia de entón ficou convertida nun rexo concello (tamén uniparroquial e de extensión limitada) no que os seus habitantes aumentan sen cesar, pasando dos 2.917 que tiña en 1970 aos 9.631 de 2012. Isto, na Galicia de arestora, onde a demografía vai en franca decadencia, é unha afortunada excepción. Sen embargo, hai aspectos que non cambiaron moito ou que mudan paseniñamente. Entre estes últimos, citamos as comunicacións. É de todos coñecido que a Mariña lucense caracterízase polas súas malas infraestruturas terrestres: carencia de ferrocarril co interior (o ferrocarril da costa –FEVE- funciona desde 1968) e estradas irregulares. Non en van adoita dicirse que estamos lonxe de todo e de todos pero preto de Inglaterra, mar por medio.
A súa configuración urbanística tamén é peculiar xa que Burela é totalmente allea ás características dun núcleo urbano “clásico” (casco antigo rodeado de sucesivos ensanches). A parroquia naceu e desenvolveuse ollando máis para o monte (Burela de Cabo, Vila do Medio e Vilar) que cara o mar (as casiñas do porto), e a explicación é sinxela: carecíase dun porto de abrigo natural, feito que dificultaba enormemente as tarefas de pesca, polo que os seus mariñeiros só o eran de forma ocasional. A partir destes primeiros enclaves, a entón parroquia cervense foi medrando ao longo e ancho das súas dúas vías de acceso: a estrada principal (hoxe “Avenida Arcadio Pardiñas”) e a vía ferroviaria, quen lle deron forma dunha vila rúa ou lineal.
Ata os anos sesenta non existiu ningún trazado urbanístico, de xeito que posteriormente, houbo que ir adaptando as rúas ás casas xa construídas de antigo; pero a partir desta década e da man de Arcadio Pardiñas (alcalde desde 1958 ata 1975) Burela vai coñecer un plan de urbanización, o abastecemento de auga, a canalización do río e o acondicionamento de varias rúas, entre outras moitas iniciativas e realizacións.
Unha das súas características inalterables é que posúe un clima de seu, no que destaca o vento do nordés, sempre fiel á vila. Tanto é así, que estas son as cuestións que máis chaman a atención de calquera persoa recén chegada: o escaso desenvolvemento das infraestruturas xunto cun clima en absoluto rigorista.
Tampouco se viu modificada a bonhomía das súas xentes, que sempre tiveron fama de traballar duro (“no mar e na terra”, como din os maiores) e de proporcionar traballo a quen chegaba aquí na súa procura, xa que Burela pode cualificarse como un núcleo receptor de poboación, que acudía ante o reclamo dos sectores primario e secundario, e un pouco máis tarde, do sector servizos.
Pero algo ten que ter esta especie de cenicienta para que toda a xente foránea rematase por ancorar aquí (é francamente difícil atopar un burelao de Burela, Burela) ou simplemente que non desexe marchar. Poida que a culpa a teña o nordeste ao insuflar un “aquel” de apego á terra e ao traballo, que se mete no corpo de cada un ao nacer ou ao chegar ao pobo. E foi a través dese traballo realizado diariamente polos seus fregueses e transeúntes, como Burela se foi facendo a si mesma. Pero non só intervén o traballo individual senón tamén o colectivo e desinteresado, aquel que move á veciñanza ao compás do calendario: péchase un ano e ábrese outro con panxoliñas e festivais de Nadal, un pouco máis tarde tócalles desfilar ás charangas ás que seguen as bandas e os pasos procesionais e, a continuación, dan comezo os preparativos para as festas patronais, consideradas un referente na comarca. Chegados a este punto, cómpre dicir que en cuestións gastronómicas, temos máis que consolidada a nosa parte coa festa do bonito, e como nos parecía que aínda faltaba algo, argallamos unha festa histórica botando man do noso substrato castrexo. “Hai que dar a todo”, din os vellos lobos de mar, ou polo menos, intentámolo, sen decaer e tan silandeiros, que non nos decatamos de que este pequeno concello mariñán dá moito que falar nos distintos eidos, ao que se suma agora o deportivo.
Existe, pois, algo de maxia neste rincón posto que non é posible pasar de largo sen deterse, ou un pouquiño ou para sempre, nunca se sabe. Ata vai ser verdade o que dicía ese antigo cartel.
Herminia Pernas Oroza



















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



