Tralo anuncio de que os populares votarán a favor da dotación de fondos reintegrables co obxecto de obter o capital necesario para a transformación do club deportivo Lugo en SAD.
Os populares reafirman o seu compromiso coas demais entidades deportivas, especialmente por aquelas que apostan a prol do deporte base, polo que vixiarán que o reparto de subvencións nas mesmas non sexan discriminatorias.
O propio protocolo que propón o Organismo Provincial deixa explícito o compromiso de incluír nos vindeiros orzamentos un plan estratéxico de subvencións de acordo con criterios obxectivos que se establezan.
Para promoción e fomento do deporte, nos orzamentos de 2013, a Deputación consigna 3.228.000€, polo que os populares velarán porque se cumpra un reparto equitativo dos mesmos.
Lugo 19 de maio de 2013.- Tras anunciar no día de onte, que os populares votarán a favor da dotación de fondos reintegrables na súa totalidade co obxecto de obter o capital necesario para a transformación do club deportivo en Sociedade Anónima Deportiva, e deste xeito evitar o descenso autonómico á segunda división B da liga de fútbol profesional, a voceira do GPP, Elena Candia, quere deixar claro que o Partido Popular non vai a baixar a garda para que as demais entidades deportivas da provincia, especialmente por aquelas que apostan a prol do deporte base, teñan un apoio da entidade provincial na medida das súas necesidades e particularidades.
Lembrou Candia que o propio protocolo que propón o Organismo Provincial deixa explícito o compromiso de incluír nos vindeiros orzamentos un plan estratéxico de subvencións de acordo con criterios obxectivos que se establezan polo que manifestou o compromiso dos populares pola loita no reparto xusto e respetando os principios de legalidade nas subvencións e a petición de maior rigor e equititividade nas subvencións nominativas.
Lembra a voceira popular que para promoción e fomento do deporte, nos orzamentos de 2013, a Deputación consigna 3.228.000€, polo que os populares velarán porque se cumpla un reparto equitativo dos mesmos.
Concluíu Elena Candia enviando unha mensaxe de compromiso con todas as entidades deportivas da provincia de Lugo, especialmente por aquelas que apostan a prol do deporte base, na defensa dos seus intereses e na esixencia de tratos equiparables o que está a recibir esta entidade, sempre en función das súas necesidades e das súas particularidades.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



