PÁDEL 2ª CATEGORÍA
O equipo mariñán xogou a pasada fin de semana os play offs de ascenso a 1ª categoría autonómica da liga Rías Altas. O Pádel Ego medíase ó potente conxunto do Pádel Compostela (descendido o ano pasado de 1ª) nas pistas do Ego. Os Santiagueses leváronse a eliminatoria por un axustado 2-3, tendo que loitar máis do previsto para alcanzar a vitoria, que deixa a eliminatoria aberta para a volta.
As victorias do equipo da Mariña foron conseguidas por Pachi/Prosi e Diego/Venan aínda que as outras tres parellas formadas por Jacobo Gradaílle/Cora, Marcelo Gradaílle/Carri e Marcos/Joaquín tamén renderon a un gran nivel.
A volta xogarase o próximo sábado ás 18.00 horas nas pistas do Pádel Compostela. Os mariñáns necesitan obter o triunfo para conseguir o ansiado ascenso de categoría.