Foz, 31 de maio de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, fixo unha valoración “bastante positiva” do pleno ordinario da corporación municipal celebrado onte, no que foi aprobado o recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar facturas pendentes a provedores e a actualización do prezo do servizo de axuda no fogar. Pero a ordenanza para regular as terrazas dos establecementos hostaleiros volveu quedar pendente por iniciativa de PSOE e Unifoz.
O rexedor municipal explicou que despois do pleno da corporación municipal celebrado onte “a valoración do grupo de goberno é bastante positiva, a pesar de que quedou enriba da mesa novamente a ordenanza para as terrazas dos establecementos de hostalería, que se tiña practicamente consensuada con todos os grupos. Chama a atención que no pleno o PSOE e Unifoz volvan deixalo enriba da mesa. A sorpresa xa non foi só Partido Popular senón tamén do propio Bloque, posto que pensábamos que na xunta de portavoces e nas comisións xa tíñamos todo resolto. Trataremos de solucionar estas pequenas discrepancias e levala novamente, por terceira vez, ao próximo pleno, pero é un mes perdido”.
Javier Castiñeira tamén destacou que “en temas de contas estamos satisfeitos, porque se sacou adiante a proposta de recoñecemento extraxudicial de crédito e con isto eses provedores que están pendentes de pago poderán cobrar. É interesante que os grupos actuaran con responsabilidade, o cal lles agradezo. E tamén a proposta de ordenanza fiscal reguladora do prezo público polo servizo de axuda no fogar, que era fundamental actualizala para poder cumprir coa lei 99/2012 de servizos sociais da Xunta de Galicia, posto que estaba en risco o financiamento do servizo de axuda no fogar. Estamos a falar de cerca de 250.000 euros. Polo tanto, satisfacción tamén posto que hai que actualizarse antes do mes de setembro”.
O alcalde comentou ademais que “saíu adiante tamén a ordenanza que regula o aproveitamento especial das vías públicas, sobre todo para explotacións madeireiras, tal e como se fixo en Ribadeo e en Lourenzá. Agora en Foz sacaremos a exposición pública esta ordenanza tamén para tela o antes posible en vigor. Polo demais tratáronse diferentes mocións dos grupos municipais nas que houbo bastante acordo. Foi un pleno interesante e a pesar de que non se sacou adiante a ordenanza da ocupación de vía pública coas terrazas teño confianza en que no próximo pleno vaia”.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



