A comisión de Pesca do Parlamento Europeo votará este mércores pola tarde o protocolo entre a UE-Mauritania. O eurodeputado socialista e membro da comisión de Pesca, Antolín Sánchez Presedo, explicou que a importancia do acordo e os problemas que plantexa impiden un voto favorable na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo. “Somos conscientes de que a flota española está moi interesada en continuar coa actividade na zona, pero a proposta de protocolo supón un deterioro das condicións técnicas e económicas e a expulsión da flota cefalopodeira”.
Sánchez Presedo destacou a flota dos Estados membros faena na zona dende fai 50 amos, que o primeiro acordo pesqueiro da UE con Mauritania data de 1987 e que o novo Protocolo de Pesca UE-Mauritania rubricado o 26 de xullo pasado por un período de dous anos e pendente de ratificación polo Parlamento Europeo, é o máis importante dos acordos internacionais da política pesqueira europea. Sen embargo, “a revisión do protocolo debe abordar todas estas cuestións posto que, pese a avanzar xa nalgúns problemas nas reunións bilaterais mantidas quedan aínda outros pendentes de solución e temos que ser firmes para enviar unha mensaxe clara, tanto á Comisión Europea coma ás autoridades de Mauritania de que deben esforzarse por resolvelos para que o Parlamento Europeo poida dar a súa aprobación”, sinalou.
Trato discriminatorio fronte a terceiros países
Así mesmo, o eurodeputado socialista interesouse pola existencia de “trato discriminatorio” á flota europea. En dúas preguntas á Comisión Europea, Sánchez Presedo cuestiona se as prácticas de reabandeiramento baixo pavillón mauritano e a existencia de acordos privados entre o país africano e flotas procedentes de terceiros Estados se axustan ós principios establecidos no novo protocolo de pesca.
Por iso, pregunta á CE pola evolución da flota cefalopodeira que opera en Mauritania dende que existen relacións pesqueiras coa Unión Europea e urxe á autoridade comunitaria a que emprenda accións en aras de asegurar unha maior transparencia.
Igualmente, pregunta sobre a existencia dun acordo asinado entre Mauritania e Rusia para a flota peláxica cunha cota inferior á establecida para a UE. “De acordo co Protocolo asinado coa UE, todo terceiro estado debe estar suxeito ás mesmas condicións establecidas para a flota europea”, sinalou Sánchez Presedo.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



