BNG, UDIVAL E PSOE rexistraron na mañá de hoxe a moción de censura contra o alcalde popular, José Manuel Lamela, que provocará unha vez se celebre o pleno correspondente nos prazos fixados pola lexislación, a perda dunha alcaldía que o PP mantiña dende hai 25 anos. Para os asinantes da moción de censura – UDIVAL, BNG e PSOE – esta é unha oportunidade para dar un xiro ao estilo de goberno exercido polo PP durante todos estes anos cun concello sumido na parálise que deixou escapar oportunidades para o seu desenvolvemento, cunha perda constante de poboación e cuns recursos propios sen explotar como merecen.
Os tres asinantes da moción de censura xustificaron a súa postura na situación de parálise do goberno local popular que ademais de incumprir xunto co seu partido os compromisos adquiridos co Valadouro foi incapaz de negociar, dende a súa situación de minoría, ningunha acción ou proxecto coa oposición maioritaria na corporación o que levou ao concello a unha situación ingobernable. Neste sentido puxeron como exemplo o incumprimento dos compromisos do alcalde e os dirixentes do Partido Popular en relación ao polígono industrial, a incapacidade para sacar adinte os orzamentos – funciona cuns prorrogados dende 2009 – a ausencia de xestión cos recursos propios ou de tramitación con outras administracións. Engadiron que malia contar cunha dedicación plena á xestión municipal, non se fixo nada, e consideraron que o propio Partido Popular deixouno abandonado a el e ao seu grupo, algo do que deberían tomar boa nota el e os seus votantes.
Os asinantes da moción de censura quixeron transmitir á poboación un mensaxe de tranquilidade e afirmaron que a súa principal preocupación está no Valadouro e nas súas xentes para a que traballaran en estreita colaboración nos próximos dous anos tendendo pontes de participación e diálogo constante coa sociedade para avanzar en cuestións que consideran básicas e que forman parte do acordo como son a democratización da vida municipal, a reactivación da economía, o desemprego, os desenvolvemento dos recursos propios e a política social.
A persoa proposta para a alcaldía será o socialista Edmundo Maseda mentres a Tenencia de Alcaldía será ocupada por Mª José Fernández de UDIVAL; PSOE con tres concelleiros e UDIVAL con dous propoñen formar goberno mentres o nacionalista Eduardo Chao asina a moción de censura e apoiará a investura do novo goberno local aínda que se manterá na oposición xustificando esta decisión no mandato da asemblea local de afiliados que consideraron os dous anos que restan para as eleccións municipais como escaso tempo para levar adiante os proxectos previstos para o concello pero confiaron en que os froitos da negociación mantida con PSOE e UDIVAL sirvan para sacar ao concello da pasividade e ingobernabilidade que se viña dando nos últimos anos.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



