Xove, 30 de maio de 2013.- A delegada territorial, Raquel Arias, explicou a nova liña de axudas para emprendedores que convoca hoxe o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para proxectos de nova creación que conten con ata un ano de vixencia prioriza ás empresas que se instalen na provincia de Lugo.
Arias explicou que esta liña de subvencións, que prevé a mobilización de proxectos de 6 millóns de euros en investimento, están orientadas á creación de pequenas e medianas empresas ou á realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores.
A representante do Executivo galego sinalou que os proxectos serán tramitados por orde de chegada, “en concorrencia non competitiva, e valorando o factor xeográfico á hora de baremar as axudas para iniciativas procedentes da provincia de Lugo”. Este elemento de discriminación positiva, lembrou, “está a aplicarse en todas as convocatorias de contido económico da Xunta de Galicia, en aplicación do previsto no plan ImpulsaLugo”.
A delegada visitou hoxe, xunto co alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a fábrica de Conservas Curricán, una empresa impulsada por tres mulleres mariñanas que contaron con axudas da Xunta, a través do Igape e do Grupo de Acción Costeira da Mariña, para dar os primeiros pasos nesta aventura empresarial.
Arias felicitou ás emprendedoras pola iniciativa, que nos primeiros meses de actividade xa comeza a despuntar, e puxo o seu caso como exemplo “do potencial dos emprendedores para estimular o desenvolvemento económico e social, desenvolvendo proxectos que xeran emprego e imprimen valor engadido aos nosos produtos”.
A delegada informou de que o pasado ano o Igape respaldou trece proxectos empresariais da Mariña, que recibiron axudas por un importe de preto de 400.000 euros para un investimento apoiado de 955.000 euros.
O impulso aos emprendedores, afirmou Raquel Arias, “é fundamental para estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na comunidade autónoma, xa que eles actúan como catalizadores do repunte da nosa economía dado o papel determinante que teñen para Galicia as pequenas e medianas empresas”.
As axudas convocadas hoxe polo Igape sufragan custos de obras de construción, reforma ou habilitación de instalacións, aluguer, equipamento, maquinaria, sistemas informáticos ou mesmo vehículos, entre outros conceptos.
Como regra xeral, a porcentaxe de axuda para gastos de investimentos chegará ata o 50% para pequenas empresas e ata o 40% para medianas empresas.
Así mesmo, a delegada apuntou que tamén hoxe se convocan as axudas para iniciativas de difusión, para que as empresas galegas poidan estar presentes en xornadas técnicas, seminarios, foros, encontros empresariais, congresos ou eventos expositivos. O orzamento deste programa de axudas ascende a 400.000 euros.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



