Burela, 12 de maio de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, felicitou hoxe ao equipo directivo, ao corpo técnico e aos xogadoras do CD Burela FSF polo título de Primeira División de fútbol sala feminino. Na carta que hoxe lle enviou ao presidente da entidade, José Ramón González, indicou que este triunfo representa “un fito na historia” do deporte lucense e tamén na da propia provincia de Lugo.
Arias subliñou que “tantos anos de traballo por parte dun club modesto, pero orgulloso, de esforzo paseniño con vontade de ferro”, tiveron “a merecida recompensa” do título da máxima categoría do fútbol sala en España, o primeiro deste nivel que acada o deporte lucense nunha disciplina de equipos.
Para a máxima representante da Xunta de Galicia, que onte asistiu in situ ao encontro decisivo que disputou o conxunto da Mariña ante o Atlético de Madrid Navalcarnero, este éxito é “o cumio” para unha tarefa na que interviñeron “moitas xogadoras e xogadores, directivos, adestradores e milleiros de siareiros” comprometidos coa formación, co deporte e con este proxecto que aglutina seccións femininas e masculinas, ambas na respectiva Primeira Divisións
Arias destacou que o éxito sen precedentes do CD Burela FSF posúe tamén “un significado especial por conxugar o éxito co protagonismo da muller no deporte”, o que pode servir como “un exemplo a seguir para moitas rapazas e mulleres” en calquera ámbito da vida e considerou tamén que o éxito resulta “unha proba de que se pode chegar ás máis altas cotas se se traballa con interese e máximo compromiso, con independencia da ubicación xeográfica”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



