O colectivo Mulleres de San Ciprián, que preside Amparo Pernas, puxo en marcha un curso de informática de nivel iniciación para socios desta entidade así como da Asociación Veciñal Cruz da Venta no que participan unhas 12 persoas, a maioría delas amas de casa. Unha iniciativa coa que se pretende “que todas as persoas que o desexen poidan aprender nocións básicas de informática como unha ferramenta útil e imprescindible para moitas tarefas a día de hoxe”, explica a presidenta. As clases levan impartíndose dende hai un mes todos os martes e xoves de 19:00 a 21:00 horas no local de Mulleres de San Ciprián e rematarán a semana que vén ata despois do verán. Un local onde se atopan os equipos informáticos utilizados e que foron doados pola Fundación Alcoa, que colabora nesta actividade, ao igual que o Concello de Cervo e a Asociación de Veciños Cruz da Venta.





















Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



