A Xunta de Galicia discrimina a Lugo un ano máis, deixando a esta provincia sen financiamento autonómico para servizos sociais e emprego. Así o decidiu o Goberno galego ó manter a convocatoria para hoxe, na que se asinaron os convenios de colaboración nestas materias coas outras provincias galegas tras consensualos con seus Presidentes provinciais menos co de Lugo, facendo caso omiso á petición do Presidente lugués, José Ramón Gómez Besteiro, de manter unha reunión urxente na que acordar, en base ás necesidades dos veciños tal como se fixo coas outras provincias galegas, o financiamento necesario por parte de cada unha das administracións implicadas para garantir estas prestacións.
A Deputación de Lugo insiste na necesidade de manter unha reunión co Presidente da Xunta. Gómez Besteiro reclama ó Goberno galego o mesmo trato para a provincia luguesa que para A Coruña, Pontevedra e Ourense. Nestas provincias, representantes do Executivo autonómico tiveron encontros cos titulares provinciais, permitindo que ambas as dúas partes definisen o convenio de colaboración de servizos sociais e emprego. Pola contra, en Lugo celebráronse dúas reunións con técnicos da Consellería de Traballo e Benestar Social sen capacidade negociadora. É dicir, o Executivo autonómico rexeitou dialogar coa Deputación de Lugo, á diferencia do que fixo nos restantes organismo provinciais, delegando en profesionais sen potestade para tomar decisións. Isto supuxo, que en Lugo non existise negociación algunha, senón que se impuxese o convenio de colaboración establecido, exclusivamente, pola Xunta de Galicia.
Cómpre destacar, ademais, que o borrador deste convenio chegou ó organismo provincial lugués vía email. Concretamente, a tarde do 20 de maio, a Subdirección Xeral de Servizos Sociais do Goberno galego daba conta, por primeira vez, á Deputación de Lugo da existencia dun convenio para 2013 nesta materia, ó tempo que impoñía un prazo de dous días para contestar ó mesmo. Ante esta situación, a Deputación de Lugo contestou de xeito inmediato, reclamando unha reunión na que abordar aspectos como os seguintes:
1.- DOUS CONVENIOS DIFERENTES: A Deputación considera fundamental un convenio para servizos sociais e outro para políticas activas de emprego ante a situación de crise económica, a maior taxa de paro na historia e os recortes en benestar social dos Executivos autonómico e estatal. A Xunta impón un mesmo convenio para ambas as dúas materias.
2.- SEN FINANCIAMENTO AUTONÓMICO PARA SERVIZOS SOCIAIS: No borrador do convenio remitido polo Goberno galego semella que a Deputación de Lugo ten a obriga de financiar en solitario os servizos sociais nos Concellos de menos de 20.000 habitantes, é dicir, en todos menos no de Lugo. De ser isto así, ¿que sentido ten asinar un convenio de colaboración?. Para a Deputación de Lugo é necesario definir o financiamento que debe achegar cada administración. Ademais, esta cuestión é asunto dun recurso contencioso-administrativo contra a Xunta debido ó seu empeño de tentar regular o financiamento dos servizos sociais en Galicia cun Decretazo en non pola Lei. Semella que o que pretende o Executivo de Feijóo con este convenio é alterar as cuestións do recurso contencioso máis que solucionar os problemas dos lucenses, que cómpren da colaboración das administracións públicas.
3.- RECORTES PARA EMPREGO: Polo que se refire ás políticas activas de emprego, a Xunta propón conceder 400.000 euros nesta materia, cando o ano pasado achegaba 1,2 millóns de euros procedentes de fondos europeos, que o Goberno galego nunca aclarou como se xestionarían, poñendo en perigo a perda deste investimento. É dicir, a Xunta rebaixa esta partida en 800.000 euros sen explicación algunha.
Situación que se repite
A Xunta de Galicia non aclarou á Deputación de Lugo ningunha destas cuestións malia as reiteradas peticións dunha reunión, a última onte, nunha carta remitida por Gómez Besteiro (ADXÚNTASE CARTA). Esta situación tamén se deu no 2012. E é que o ano pasado, o organismo provincial remitiu varios informes técnicos con alegacións ó borrador do convenio nesta materia para dita anualidade e, malia que a institución luguesa reclamou ata en 7 ocasións unha resposta, esta nunca tivo lugar. O resultado foi que os lucenses quedaron no 2012 sen financiamento autonómico para servizos sociais e políticas activas de emprego mentres coruñeses, pontevedreses e ourensáns recibiron máis de 13 millóns de euros. Son 2 millóns de euros máis que no 2013 logo de que o Goberno galego recortase este orzamento ata os 11,5 millóns de euros.
Financiamento en solitario
Ante a discriminación de Feijóo ós lucenses, a Deputación de Lugo acordou un Orzamento para 2013 no que prima o benestar social e o emprego. A institución luguesa inviste máis de 10 millóns de euros en actuacións que xeren traballo, incrementando a partida de fomento do emprego nun 63% con respecto ó ano pasado. O organismo provincial tamén aumentou o presuposto para servizos sociais nun 12%, con 2,2 millóns de euros.
Non obstante, o organismo provincial insiste na necesidade de manter unha reunión co Presidente da Xunta, que sería a 1º dende que está no Goberno galego xa que, ata o de agora, sempre rexeitou as invitacións da Deputación de Lugo, para establecer vías de colaboración entre ambas as dúas administracións.


















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



