O torneo celebrarase os vindeiros días 29 e 30 de xuño, no Campo Boavista de O Vicedo
O Vicedo, 8 de xuño de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou, esta mañá, na presentación do Maratón de Fútbol 8 Feminino “O Folgueiro”, que organiza o club feminino do mismo nome, en colaboración co ente provincial, e que se vai disputar os días 29 e 30 de xuño, no Campo Boavista de O Vicedo.
O principal obxectivo que se persegue co desenvolvemento desta proba, organizada polo club deportivo O Folgueiro feminino, en colaboración co organismo provincial, é iniciar na comarca o interese polo fútbol feminino, que xa está máis estendido noutras zonas de Galiza. Neste sentido, Antonio Veiga apuntou que “desde a área de Deporte da Deputación apostamos polo deporte en feminino, sexa cal sexa a disciplina deportiva, pero máis aínda no caso do fútbol, xa que é nun dos deportes nos que precisa unha maior promoción, e proba desa aposta é a Copa Deputación de Fútbol, que dende fai cinco anos inclúe a categoría feminina”.
“O deporte – continuou Veiga – é sinónimo de educar en valores, polo que debe fomentar a igualdade na súa práctica, especialmente se se trata do fútbol que, polo seu grande número de afeccionados, xoga un papel fundamental na loita contra problemas sociais como é o caso das desigualdades de xénero”.
O maratón organízase en dous torneos paralelos, o torneo B dirixido a mulleres que nunca disputaron ningunha competición federada ou levan tempo sin facelo, pensado principalmente para conxuntos da comarca, e o torneo A, para equipos federados procedentes de Galiza, Asturias de León. A este respecto, Veiga precisou que “a presenza de futbolistas profesionais nesta proba permite crear referentes próximos na Mariña para incorporar novas xogadoras”.
Así mesmo, desde a organización auguran a presenza dunhas 1.000 persoas entre xogadoras, técnicos e delegados, algo que segundo explicou o vicepresidente da Deputación “terá unha grande repercusión no plano turístico e económico tanto para O Vicedo como para a comarca”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
