Santiago, 10 de xuño de 2013.- O portavoz da área de Montes do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, rexistrou unha iniciativa interesándose polo apoio da Xunta aos concellos galegos para a renovación das motobombas municipais e, deste xeito, polo reforzo do disposto do operativo de prevención, loita e extinción dos lumes forestais.
Balseiro quere coñecer cantas motobombas ten previsto adquirir a Consellería do Medio Rural e do Mar, cales van a ser as características de financiamento desta liña de apoios e que criterios teñen previsto seguirse na asignación destas motobombas. O parlamentario anima a alcaldes e corporacións locais a facerse a solicitar estas axudas.
2 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS
O Goberno galego anunciaba nas pasadas datas que destinou preto de 2 millóns de euros á cesión de motobombas para o parque móbil dos concellos. Esta decisión debe enmarcarse na liña de colaboración permanente que a Consellería do Medio Rural e do Mar mantén cos concellos galegos para impulsar e desenvolver distintas medidas dirixidas á atención das emerxencias.
GRANDE EFICACIA
Balseiro quixo salientar que as motobombas municipais son unha ferramenta tecnolóxica e operativa a disposición dos concellos e de grande eficacia na loita contra o lume e que, de xeito complementario, o propósito da Consellería é impulsar un plan de modernización destes equipamentos.
O obxectivo final é dotar dos equipamentos precisos para minorar ao máximo as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais provocan sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos nosos montes, así como sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.
CARACTERÍSTICAS
Os vehículos obxecto de cesión son de dous tipos: uns deles equipados con cisterna de 3.000 litros e cabina sinxela e outros equipados con cisterna de 2.400 litros e cabina dobre.
Para a presentación de solicitudes da cesión de motobombas os concellos interesados disporán dun prazo que remata o 22 de xuño.
BRIGADAS MUNICIPAIS
A campaña de incendios en Galicia está a piques de iniciarse, e este verán o dispositivo contará ademais con novas brigadas municipais, que se sumarán ás propias do Seaga. Este operativo que está a desenvolverse tras asinar un acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e froito do convencemento de que as administracións locais son as que mellor coñecen o seu territorio e, en consecuencia, uns aliados fieis na loita contra o lume.

















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



