O obxectivo é facer partícipe do proxecto a todos os establecementos que presenten algún tipo de atractivo turístico
Logo da reunión mantida o pasado martes na Ribeira Sacra coa asociación Ribeira Sacra Rural, co Consello Regulador e co Consorcio de Turismo, dáse o primeiro paso para poder actuar con firmeza, pero sobretodo, dándolle participación a todo o mundo, de xeito organizado.
A proposta consistirá nunha recollida de información sobre capacidade, prezos, horarios, actividades complementarias así como datos de contacto para poder organizar de xeito áxil calquera evento. O grupo de traballo está disposto a visitar persoalmente os establecementos e recoller a ficha cuberta permitindo deste xeito, un contacto directo.
A ficha será entregada en cada establecemento dando un prazo de 5 días para a súa cobertura e pasando a recollelo, e habilitando tamén outras formas de envío.