O deputado nacional, Joaquín García Díez, destacou o compromiso do Goberno de España, nesta ocasión do Ministerio de Fomento coa provincia de Lugo.
“A pesar de que se han producido reformas en la inversión pública y que el Ministerio de Fomento ha sido el que más tuvo que reducir su presupuesto, Ana Pastor cumple con la provincia lucense”- subliñou García Díez, quen engadiu que se dotou a Lugo cun tren diurno sen suprimir o nocturno.
O popular puntualizou que, finalmente, é un goberno do PP o que cumpre con Lugo poñendo en marcha este servizo; un anuncio que aclara todas aquelas dúbidas que se viñan suscitando nos últimos meses no que a este servizo se refire.
O deputado nacional recordou que o 24 de setembro de 2008, na sesión de control do goberno, reprochou á entón Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, a situación das conexións ferroviarias de Lugo a Madrid. Pedía García Díaz que se modernizara o tren e se puxera en marcha un tren diurno; petición que entón se quedou en “papel mojado”, posto que nin a Ministra socialista, Magdalena Álvarez ni o seu sucesor, José Blanco, chegaran a cumprir.
“Para mi e una satisfacción ver como finalmente se da respuesta a una vieja demanda de justicia con esta provincia y se cuenta con un tren moderno que nos traslada a Madrid en menos de 7 horas, frente a las 9 horas actuales”, afirmou García Díez
“Tras el paso de Madalena Alvarez y José Blanco por el departamento de Fomento, lo único que se consiguió fue sustituir el tren estrella nocturno sin saberse nada de la conexión diurna”- recordou García Díez.
Conclúe o popular afirmando que a posta en marcha deste servizo permite que se incrementen as conexións ferroviarias de media e larga distancia, acortando os tempos de recorrido e que Ferrol e Lugo, cidades irmandadas en base ó ferrocarril desde hai años, terán novas e modernas conexións. Tamén mellora as existentes entre cidades da nosa provincia coa capital, como Guitiriz, Sarria e Monforte.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



