O Incio, 2 de maio de 2013. O vicepresidente nacionalista da Deputación de Lugo e delegado de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, entregou esta mañá no Incio o maillot branquiazul que acredita como vencedor da VI Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo ao corredor do equipo Froiz, Miguel Gómez Crespo. Estivo seguido na xeral individual polos irmáns Vicente e Raúl García de Mateos, segundo e terceiro respectivamente, aínda que ambos competindo para diferentes equipos. Na xeral por equipos, o claro dominador foi o equipo galego do Froiz.
Tamén un corredor do Froiz foi quen acadou o primeiro posto de corredores nacionais galegos, Martín Lestido Rey, quen tamén foi o gañador da clasificación final sub-23.
A VI Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo é unha proba que conta co patrocinio principal da Área de Deporte da Deputación de Lugo, posta en marcha desde esta institución, coa organización do Club Ciclista Cidade de Lugo, coa finalidade de revitalizar o deporte do ciclismo nas comarcas lucenses e á vez servir de escaparate turístico a prol dunha dinamización económica de todas as comarcas do noso territorio. Segundo a Federación Española de Ciclismo, é a mellor proba do estado da categoría Elite-sub23, a “segunda” división do ciclismo, ás portas do circuíto profesional.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
