Lugo, 23 de xuño de 2013.- Desde o Partido Popular de Cervo alertaron hoxe que, como puido comprobarse no último pleno municipal aínda despois de ter votado a favor do mantemento dos catro médicos no municipio, hai unha minoría -menos do 10% dos asistentes- que demostraron unha actitude radical, crispada e violenta e aos que non lles interesa si hai un médico máis ou menos en Cervo solo xerar polémica e utilizala para fins partidistas.Os populares aseguran que a actitude dese grupo minoritario -moitas das cales son de fóra do termo municipal- ensombrece a reivindicación lexítima da gran maioría dos asistentes que asistiron ao pleno e si souberon comportarse con respecto.
Desde o PP local segue convencidos de que para os centros de saúde do concello é mellor dispoñer de catro médicos en vez de tres e por iso fixeron posible, co seu voto favorable, o acordo unánime do Pleno municipal polo que se pide ao Sergas que reconsidere a súa decisión de reorganización sanitaria no concello.
Desde o Partido Popular de Cervo están convencidos de que tras ese grupo minoritario e violento están os partidos da oposición, socialistas e nacionalistas que, en cada lexislatura buscan un argumento para xerar polémica de forma desproporcionada e buscar incluso o enfrontamento persoal entre os veciños. Din que para rebentar os plenos empregan a xente moi próxima e simpatizantes doutros concellos da Mariña.
MANIPULACIÓN PARTIDISTA
Os populares sinalan que cando o que de feito é unha reivindicación unánime do conxunto da Corporación municipal se pretende converter nun sistema de confrontación partidista perde forza e resta posibilidades á hora de convencer as autoridades sanitarias autonómicas.
Desde o PP piden desculpas polo triste espectáculo que tiveron que presenciar os asistentes ao pleno que si souberon estar, polo comportamento deses grupo minoritario que tivo tan mala actitude e que contrasta co comportamento respectuoso da maioría cos intentos de socialistas e nacionalistas por politizar este asunto