O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres no Salón de Actos de San Marcos o foro de debate organizado polo organismo provincial sobre o anteproxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, un acto no que reivindicou que os Concellos “foron as administracións que mellor se comportaron en canto a xestión económica no último ano e medio, superando as previsións de eficacia que o propio Goberno central tiña establecidas hai un ano”. Por iso, confía en que finalmente a nova Lei “recoñeza ese magnífico papel” que están a facer as entidades municipais e nela, en vez de minimizar a súa autonomía, “sexan dotadas de consistencia e relevancia”.
Neste senso, engadiu que “todo ese control que esta reforma lle dá ás Deputacións para executar as políticas de Estado supón un ataque frontal ó mundo local. É certo que todos temos facer un proceso de reformas e axustes, pero o que non pode ser é que, perante á sociedade, os Concellos aparezan como os verdadeiros responsables da débeda pública de España, cando é falso, pois acumulan por debaixo do 4% do total, estando ademais concentrada a metade en 10 grandes municipios españois. É dicir, 8.000 pagan por 10”.
“Marcar uns custes fixos para os servizos é unha aberración”.
O mandatario provincial criticou que o anteproxecto recolla a posibilidade de retirar ós Concellos de menos de 20.000 habitantes a prestación de servizos mínimos, como pode ser a recollida do lixo ou abastecemento de auga e saneamento, cando non cumpran cuns custes estándar que fixará o Goberno, impoñéndolle a prestación deses servizos ás Deputacións. Besteiro cualificou de “verdadeira aberración” que se marquen “uns custes fixos para os máis de 8.000 municipios de España, sen ter en conta á poboación á que se lle prestan eses servizos, e a súa dispersión”. Esta Lei, asegurou, “debería limitarse a implementar mecanismos para a prestación de certos servizos e subministros de calidade, pero o que non é de recibo é a suplantación dos municipios polas Deputacións, priorizando os criterios economicistas”.
Defendeu tamén que os Concellos poidan dispoñer dos seus remanentes para facer investimentos. “Hoxe hai municipios que teñen superávit, e sen embargo, esa boa xestión non se pode aplicar a investimentos directamente. Hai Concellos e Deputacións que teñen cartos bloqueados nas súas contas, sen poder destinalos hoxe, en plena época da crise, a xerar emprego ou a inversións produtivas”, argumentou.
Servizos sociais: “A lexislación estatal podería darnos a razón”
Como outra eiva da reforma, o Presidente apuntou o “seu carácter armonizador, é dicir que se afectan ou modifican competencias autonómicas cunha lei sobre o réxime local”. Isto queda patente, explicou, no relativo ós servizos sociais. “O lexislador das bases do réxime local ocupa neste eido o espazo reservado constitucionalmente ó lexislador autonómico, podéndose dar o paradoxo de que se lle dea a razón á Deputación de Lugo en canto a quen ten as competencias de servizos sociais a través dunha lexislación estatal, contradicindo así a Feijóo que, dun día para outro, decidiu atribuír ás Deputacións as competencias nos Concellos de menos de 20.000 habitantes, iso si, sen a correspondente transferencia de cartos”.
O Presidente destacou que a reforma do réxime local “é unha das chamadas cuestións de Estado, na que está en xogo a repartición do poder político e, consecuentemente, a construción dun modelo de sociedade”, polo que, recalcou, “debe procurarse que a Lei sexa de todos, ou cando menos dunha inmensa maioría, é dicir, chegar ó máximo consenso posible cos representantes do mundo local –municipios e provincias- e coas forzas políticas do Parlamento”.
Neste foro de debate participaron como poñentes Eulalio Ávila, presidente do consello xeral do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de España (COSITAL); Sofía Sanmartín Novo, secretaria interventora do Concello de Muras, en representación dos municipios de menos de 1.000 habitantes; Julio González Casanova, secretario de Friol, en representación das localidades de entre 1.000 e 5.000 veciños; e José Antonio Carro, secretario do Pleno do Concello de Lugo e secretario do de Ribadeo, polos municipios de entre 5.000 e 20.000 habitantes.
Volta ó Estado
O presidente do Colexio Oficial de Secretarios amosouse moi crítico coa norma elaborada polo Goberno central, á que cualificou de “perversa”. Coincidindo coa postura do Presidente, Eulalio Ávila afirmou que “el principal reproche que merece esta propuesta es el desprecio absoluto que supone al principio de autonomía local; es una vuelta al Estado, que exacerba el ya férreo control directo del Gobierno central sobre el local”.
Engadiu que resulta “difícil encontrar mayor degradación de la dignidad de los cargos de representación democrática de primer grado, quienes tienen el mandato del pueblo para gobernar”, asegurando que non se pode lexislar “sobre la premisa de la mala fe de los dirigentes públicos”. “En democracia, los representantes del pueblo responden políticamente ante su electorado y jurídicamente ante el poder judicial. La sumisión de una Administración a otra nos retrotrae a un sistema jerarquizado, sin anclaje constitucional”, aseverou.
O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, será o encargado de clausurar ás tres da tarde o debate de hoxe, co que se puxo fin a unhas xornadas formativas sobre novidades lexislativas que afectan ó quefacer diario dos Concellos da provincia organizadas pola Deputación no marco do seu esforzo por cooperar cos Concellos, “proporcionándolles todos os recursos formativos, informativos e materiais para facilitarlles o seu traballo, garantir unha xestión eficaz da administración local e prestar a mellor atención posible ós veciños”, destacou Santos.
O Deputado subliñou que no organismo provincial “estamos dispostos a seguir debatendo e consensuando todo o que sexa necesario sobre a reforma da administración local, transcendental para para o futuro de Concellos e Deputacións. Non fuximos deste debate. É máis, podemos dicir que o estamos a favorecer, pois foi o eixo central do último Encontro de Cooperación cos Concellos, que celebramos a primeiros de ano, e hoxe reunímonos de novo para afondar na reforma que ten enriba da mesa o Goberno central”.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



