Lugo, 28 de xuño de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou, na súa xuntanza desta mañá, a adxudicación do servizo de Teleasistencia Domiciliaria á empresa Servizos de Teleasistencia S.A. para os vindeiros catro anos cun custe anual de 335.880 euros. Así o anunciou o vicepresidente da institución e delegado de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, quen puntualizou que “se trata dun dos contratos máis importantes da historia da Deputación no eido das políticas sociais tanto pola contía como polos beneficios que reporta a centos de lucenses”.
Antonio Veiga explicou que o 90 por cento dos criterios que rexeron a adxudicación do servizo de Teleasistencia Domiciliaria foron económicos e que se elixiu a oferta económica máis baixa por ser a única que permitirá incrementar o número de usuarios aos que se da servizo, pasando dos 1.593 actuais até preto de 2.200 usuarios. “Isto será posíbel grazas a que o custe por usuario será menor; diminuíndo de 21 euros a pouco máis de 14 euros e, ademais, para o segundo e terceiro usuario da mesma familia que queira adherirse ao servizo, este será gratuíto. Tendo en conta sempre que a redución dos custes non repercutirá na calidade do servizo”.
“A Teleasistencia Domiciliaria –continuou o vicepresidente- seguirá a ser un servizo gratuíto para todos os usuarios. Será cofinanciado ao 50 por cento pola institución provincial e os 66 dos 67 concellos da provincia que se adheriron ao convenio proposto pola área de Benestar Social, sen que teña custe algún para os usuarios e sen que ninguén quede discriminado por cuestións de renda”.
Con este contrato garántese a continuidade do servizo para os vindeiros catro anos despois de que o Goberno do Estado suprimise dos Orzamentos Xerais a partida que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, dedicaba, a través do IMSERSO, á súa cofinanciación e de que a Xunta de Galiza non se mostrase disposta a asumir a porcentaxe que aportaba o Executivo central.
Neste senso, Antonio Veiga concluíu que “este contrato é a demostración de que a política económica e social que se está a facer desde a Deputación Provincial de Lugo, ademais de transparente, é totalmente oposta á que se está a facer desde o Estado e a Xunta de Galicia. Non é o momento de recortes senón de facer políticas que cheguen cada vez a máis persoas”.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



