Este sábado 22 ás 6 da tarde e no estadio Municipal de Malates, o equipo cadete do CD Foz xógase en oitenta minutos e ante o Betanzos da Coruña o traballo feito durante toda a tempada. Un obxectivo, que durante todo o ano se marcou como finalidade, está agora a piques de cumprirse. Unha vitoria é o que lle fai falta ós de Oke, xa que en Betanzos, o equipo focego caeu derrotado por 2-1. Os rapaces están ilusionados, igual que adestrador, directiva e seguidores do equipo. Piden o apoio do público que a ben seguro encherá as gradas do Municipal. Se o resultado é favorable para o equipo focense, xa campión da liga, conseguirá o tan desexado ascenso á Liga Galega.
Os cadetes do CD Foz xóganse o ascenso