Santiago, 12 de xuño de 2013.- Os deputados lucenses do Grupo Popular na Parlamento galego, encabezados polo seu secretario xeral Jose Manuel Balseiro, rexistraron unha iniciativa parlamentaria para interesarse polo Plan de recuperación do oso Pardo e, máis en concreto, polas medidas que a Consellería de Medio Ambiente desenvolve para dar unha maior oportunidade de participación á cidadanía e aos colectivos interesados en propoñer achegas para a elaboración final desta proposta normativa.
O Goberno galego vén de someter a información pública este plan que busca protexer a unha das especies máis vulnerables e ameazadas da fauna galega, así como determinar as zonas nas que se aplicarán as medidas para a súa conservación conforme ao establecido na Directiva europea sobre hábitats (Natura 2000).
O plan, que na actualidade está en exposición pública, afecta a algúns concellos da Montaña lucense, máis en concreto, un total de 64.820 hectáreas que inclúen de xeito parcial os termos municipais de Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Quiroga, Triacastela e Samos.
O MÁXIMO CONSENSO
A normativa final establecerá condicionamentos desde o punto de vista da ordenación e aproveitamentos forestais, regulación de uso de camiños, pistas e vías pecuarias, regulamentación da caza, apicultura, rozas manuais e afectación as poboacións doutras especies como o lobo ou o xabaril, etc.
Con todo, tanto desde o Grupo Popular como desde a propia Xunta insisten na importancia de que a futura proposta normativa naza do máis amplo consenso posible e poñen en valor que está aberta ás achegas que poidan realizarse, durante o proceso de alegacións (que incluso foi ampliado).
OPORTUNIDADE DE DESENVOLVEMENTO
Finalmente, Jose Manuel Balseiro tamén indica que a través desta iniciativa o Grupo Popular quere coñecer as medidas que ten previsto adoptar a Xunta para que a conservación do oso pardo sexa vista como unha oportunidade de desenvolvemento das comunidades rurais nas que habita unha das especies máis ameazadas da fauna galega.


















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



