CERVO, 20 DE XULLO. A Comisión Veciñal en Defensa da Sanidade en Cervo reuniuse o venres día 19 co alcalde, Alfonso Villares, para trasladarlle as inquietudes e demandas que recibe a diario dos diferentes colectivos que a forman, así como para lembrarlle “o noso interese por manter unha reunión coa Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. Estamos satisfeitos ante o compromiso do señor Villares por xestionarnos esa cita”.
Os membros da Comisión subliñan que na xuntanza “intentamos abrir os ollos do noso rexedor. Día tras día somos advertidos de que o SERGAS está cargando as axendas dos tres facultativos que temos actualmente, que se dan citas cada poucos minutos e os médicos se ven con pouco tempo para consultar ós pacientes e que, incluso, a veces moitas persoas volven para as súas casas sen ser atendidas porque o seu doutor finaliza a xornada laboral e non puido rematar con todos os veciños que foran citados”.
Neste senso, o alcalde asegurou descoñecer esta situación e “tomou nota para tentar trasladar as nosas queixas á señora Mosquera co obxectivo de que poidamos ser recibidos na súa Consellería sen máis dilación”.
Ante o compromiso do señor Villares, dende a Comisión agradecen de antemán que “o goberno de Cervo intermedie para conseguir esta ansiada reunión coa maior brevidade posible. Lembrámoslle a Villares que a actitude da señora Mosquera non foi a máis adecuada, pois ninguneou ós 21 colectivos, que estamos unidos nesta Comisión, cando tiñamos presentado en tempo e forma no rexistro da Xunta de Galicia en Lugo a nosa solicitude. Levaremos a Santiago, se o señor Villares fai efectiva a súa promesa, os papeis que así o demostran co único fin de aclarar este malentendido”.
Rematan recordando que “esperan unha resposta coa maior prontitude posible para poder explicarlle en persoa á señora Conselleira a situación que estamos a vivir no Concello de Cervo trala súa decisión de eliminar unha praza de médico dos nosos centros de saúde”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



