Santiago, 9 de xullo de 2013.- Integrantes da Xunta Directiva da Asociación de Veciños Cruz da Venta e Mulleres de San Ciprián foron recibidos na mañá do martes 9 de xullo pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, tras ser solicitada unha entrevista nas pasadas datas. Os representantes veciñais quixeron abordar coa titular do departamento autonómico de Sanidade a reorganización sanitaria no municipio cervense que supuxo a redución dun facultativo no centro de saúde de San Cibrao.
Rocío Mosquera agradeceu o interese manifestado por ambos colectivos veciñais, os únicos que solicitaron formalmente unha reunión coa conselleira e, polo tanto, valorou que demostraran un interese real por coñecer as circunstancias que levaron a reorganizar o cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde no municipio.
Rocío Mosquera garantiu a continuidade en horario completo dos dous centros de saúde e a dotación actual do seu cadro de persoal e explicou que se eliminou o cuarto facultativo porque cando se creou esa praza en 2009 non se realizou ningún estudo poboacional, asistencial ou de necesidades que o xustificara. De feito, hoxe en día con tres facultativos Cervo está por debaixo da media de cartillas por médico (1.200 cartillas cando a media está de 1.500), é unha poboación pouco dispersa e o segundo concello menos envellecido da Mariña lucense.
Con todo, a conselleira adquiriu tres compromisos ante os representantes veciñais:
1º Que se vai facer un seguimento monitorizado das citas, tanto para consultas cos médicos de cabeceira, como para a atención do servizo de enfermería ou outras probas: de tal forma que se solucione de inmediato se se detecta algún tipo de irregularidade como as que tiveron lugar cando se daban citas con tres ou catro días de retraso pese a que existían ocos dispoñibles na axenda do día seguinte.
As asociacións comprometéronse a recibir posibles queixas que puideran existir sobre este asunto e trasladalas á Consellería para que, no seu caso, tome cartas no asunto.
2º Que se van a substituír con celeridade e eficacia as baixas que se poidan producir ao longo do ano nos centros de saúde, xa sexan por enfermidade, por vacacións, por outros permisos: no momento no que estea ausente un profesional sanitario iniciaranse os trámites para que un substituto cubra de inmediato esta praza.
3º O SERGAS garante que, se detecta en calquera momento que polo incremento de poboación, cartillas sanitarias, posibles demoras ou se hai un aumento estacionario das consultas –por exemplo no verán- tanto en consultas como en probas de enfermaría, reforzaría o servizo cun novo profesional sanitario durante o tempo que sexa preciso.
As asociacións agradeceron os compromisos expresados pola titular do departamento autonómico de Sanidade e comprometéronse a realizar un seguimento destes acordos, así como a colaborar coa Consellería comunicando calquera tipo de incidencia que detecten na calidade do servizo.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



