A Deputación pon en marcha o plan de promoción de 52.500 produtos autóctonos. A Xunta de Goberno deste venres 5 de xullo aprobou a contratación deste programación, por valor de 232.800 euros, dos que 184.240 son fondos europeos, ó enmarcar este plan dentro do Lug02, o programa medioambiental cofinanciado pola Unión Europea nun 80%. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que “con esta iniciativa, poñemos en valor o traballo de autónomos e PEMES cuxa actividade se centra na elaboración destes alimentos co obxectivo de impulsar as súas vendas e dinamizar a economía da provincia”.
Martínez explicou que a adxudicataria deseñará agora un plan de identificación de produtos autóctonos non perecedoiros, é dicir, que poidan envasarse e conservarse durante un mes. Por exemplo, produtos cárnicos (chourizo, salchichón…), vitinícolas (licores, cremas de oruxo…), ou de repostería (tartas, mel, madalena, améndoas, marmeladas…). Ademais, tamén deberá acordar a súa distribución en hoteis e balnearios da provincia mediante lotes ou organizando un mínimo de 100 degustacións.
Traída de auga
A institución luguesa arranca ademais o proxecto pioneiro en España para a xeración de enerxía eléctrica coas traídas de auga, aforrando custes ós 26 Concellos sumados, de xeito voluntario, a esta iniciativa. A sesión acordou que a Axencia Provincial da Enerxía asuma a primeira fase desta iniciativa, optimizando os recursos da institución e reducindo custes ó evitar contratacións externas. Deste xeito, proximamente, os técnicos provinciais desprazaranse ós municipios para comprobar, in situ e de xeito personalizado, a viabilidade desta iniciativa en cada un dos Concellos, realizando un estudo técnico, económico e xurídico. Rematada esta primeira fase, é dicir, comprobado que os municipios cumpran cos requisitos para a posta en marcha deste proxecto, instalaranse as turbinas á saída dos depósitos de auga, producindo enerxía sen que se precisen máis infraestruturas específicas e sen reducir a canle dos ríos. Será unha toma independente no tanque e conexión coa rede xeral, como un by pass, para garantir que, en caso de avería, non se interrompa o abastecemento. Este sistema permitirá, ademais, mellorar a calidade da auga ó osixenala.
Os municipios que se sumaron a este proxecto, pertencentes ó Club dos Renovables, son os seguintes: Baralla, Friol, Guntín, Barreiros, Palas de Rei, Abadín, Becerreá, Castroverde, Cervantes, O Corgo, O Incio, Láncara, Meira, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, A Pastoriza, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribas do Sil, Riotorto, Sober, Trabada, O Valadouro, Viveiro e Xove.
Obras A Pastoriza
Martínez anunciou a contratación das obras que permitirán mellorar ás comunicacións coa A-8 dende a Terra Cha, ó actuar na estrada de Fontevella ó Carrizal, no Concello da Pastoriza, co POS 2012. Trátase da CP-0102, onde se acondicionarán 4 quilómetros, concretamente dende o punto 4,058 ó 8,058, achegando para elo máis de 900.000 euros. Este presuposto engádese ós case 200.000 euros que xa investiu a Deputación na expropiación dos 43.000 metros cadrados necesarios para realización deste traballos. Isto supón que, en total, esta Deputación invista preto de 1,3 millóns de euros nestas actuacións moi demandadas polos veciños, xa que este vial rexistra un elevado número de usuarios, ó ser o principal nexo de unión entre A Pastoriza e Moncelos. “Unha vez máis, este Goberno Provincial demostra que responde ás demandas veciñas e que cumpre coa súa palabra a diferencia do Partido Popular, que prometeu executar estas actuacións, incluíndoas no famoso plan dos 50 millóns de euros, cando non tiña os cartos nin os terreos necesarios”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



