Dende a Sección Sindical de MCA-UGT Alcoa, e en reposta á nota de prensa emitida pola CIG no día de onte, vémonos na obriga de aclarar:
1º- Que é mentira o que na citada nota de prensa se di con respecto ós incrementos salariais que se pactaron no preacordo do 15º Convenio Colectivo que vimos de negociar. Non hai en dito preacordo ningún tipo de conxelación salarial, como se di dende a CIG. No ano 2013 o incremento salarial é de un 1% dende xaneiro, e a posible diferenza que puidera existir entre ese 1% e o IPC real do 2013 sería compensado nas táboas salariais do ano 2017 no salario base. Para o ano 2014 temos garantida unha subida salarial fixa de un 1,2% e en caso de que o IPC real do 2014 superara ese 1,2% garantiríase ese incremento do IPC real no ano 2014 si a empresa ten uns beneficios por riba de 10 millóns de euros, e se o IPC real deste ano fose inferior a este 1,2% fixo non teríamos que devolver nada como si se fixo nos anos 2008 e 2009. Para os anos 2015 e 2016 temos garantido, igual que en 2014, un incremento salarial de 1,2% e si o IPC real fose superior a ese 1,2% e a empresa ten uns beneficios superiores a 5 millóns de euros garántese o incremento salarial do IPC real destes anos, se o IPC real deste ano fose inferior a este 1,2% fixo non teríamos que devolver nada como si se fixo nos anos 2008 e 2009. Dende logo dende MCA-UGT temos que dicir que de conxelación salarial nada de nada.
2º- Garántese o contrato relevo ó 100% do persoal incluído en convenio colectivo, có que se consegue que 290 traballadores con 61 anos se poidan acoller á xubilación parcial con contrato de relevo e así mesmo que se incorporen a plantilla con un contrato indefinido dende a súa incorporación a outros tantos traballadores, có que é unha garantía de xeración de emprego que non se puido conseguir no anterior convenio colectivo, cando a CIG ostentaba os cargos do Comité de Empresa, cun prezo do aluminio que rondaba os 3.000 dólares a tonelada, hoxe anda polos 1.700 dólares a tonelada. Pensamos que deberían de analizar esta situación.
3º- Ademais disto conseguíronse outra serie de melloras que tendo en conta as circunstancias actuais a nivel xeral das empresas e as da nosa en particular, fan que este preacordo se poida considerar como positivo, e entendendo que poida haber xente á que lle guste máis ou menos o acadado, o que non podemos admitir é que se minta e se faga demagoxia nun asunto tan importante para os traballadores de Alcoa.
4º- Polo anteriormente exposto sempre mantivemos que este preacordo terá que ser refrendado polos traballadores nun referendo aínda que dadas as actuais circunstancias económicas do país, do prezo do aluminio e das dificultades que nos atopamos na mesa de negociación, esta Sección Sindical entende que este convenio colectivo nos termos os que se chegou, garante que ningún traballador perda ningún dereito, garante subidas salariais e a creación de postos de traballo que tan necesarios son nas actuais condicións de traballo no noso país.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



