O Deputado provincial José Luis Raposo participou este luns na Comisión de Seguimento dos GES, que a Consellería de Presidencia se viu na obriga de convocar ante o incumprimento do convenio por parte dos Concellos de Guitiriz, Quiroga e Folgoso do Courel. Na reunión, a Xunta recoñeceu graves irregularidades na selección do persoal para os Grupos de Emerxencia Supramunicipal neste municipios. Raposo esixiu a paralización destes procesos de contratación para axustalos á legalidade, seguindo o establecido no convenio.
Houbo unanimidade na Comisión de Seguimento para anular a selección do persoal realizada en Courel, logo de confirmarse que entre os contratados figuran familiares da Alcaldesa deste municipio, como súa irmá. Nembargantes, o Goberno galego non quixo facer o mesmo cos procesos de selección celebrados en Quiroga e Guitiriz malia recoñecer que ditos Concellos non cumpriron co convenio e cometeron irregularidades. Ante esta situación, o Deputado Provincial mostrouse firme e remarcou que a Deputación non vai a financiar ningunha actuación irregular.
Convenio
Xunta, Deputacións galegas e Fegamp subscriron un convenio de colaboración para a posta en marcha dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal, facendo que, por primeira vez, Galicia contase con profesionais altamente cualificados para a cobertura das emerxencias. Por este motivo, a tres bandas establecéronse unhas bases para a selección do persoal comúns e públicas en todos os Concellos. En pleno proceso de contratación, Alcaldes e colectivos lucenses, como a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Guitiriz, denunciaron ante o organismo provincial lugués o incumprimento deste acordo en Guitiriz, Folgoso do Courel e Quiroga. Isto motivou, que a Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia a celebración dunha Comisión de Seguimento na que esclarecer irregularidades denunciadas.
Denuncias
Segundo os escritos que chegaron á institución luguesa, o Concello de Guitiriz modificou as bases do proceso de selección de persoal, alterando os requisitos dos aspirantes e as puntuacións. Por exemplo, estableceu que poden concorrer a estas prazas todas as persoas que teñan cumpridos os 16 anos, cando no convenio se determina que hai que ter 18 anos; puntuou cun máximo de 4,5 puntos o traballo desenvolto como persoal do Grumir ou nos Grupos Municipais de Emerxencias, cando no convenio a puntuación máxima e de 3 puntos; cun máximo de 1 punto a prestación de servizo en operativos de intervención directa en emerxencias, accidentes, incendios e outras labores de salvamento, cando no convenio son 2,5 puntos; ou cun máximo de 0,5 puntos POR CADA ANO na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, cando no convenio son 0,5 puntos POR CADA MES.
Folgoso do Courel e Quiroga non celebraron un concurso oposición, senón un concurso de méritos, do que resultou contratada a irmá da Alcaldesa do Courel, Lola Castro. Tampouco cumpriron os prazos fixados pola Xunta para a selección deste persoal, tendo na actualidade todo o persoal contratado cando, os restantes municipios galegos, veñen de publicar a listaxe de admitidos neste proceso.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



