José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG-PSOE, reuniuse esta noite en Sigüeiro cos militantes da comarca de Compostela para presentar o seu proxecto de partido, escoitar as aportacións da militancia e respostar preguntas sobre o modelo orgánico e político. Gómez Besteiro incidiu nas medidas de “transparencia” polas que vén apostando nas súas visitas por Galicia, como poñer a disposición da cidadanía as contas anuais e electorais no mesmo momento no que se remiten ao Tribunal de Contas. “A transparencia non é unha opción, é un deber e un dereito para a cidadanía, ante a que temos que render contas, e é a base imprescindible para ter a confianza da xente”, afirmou.
Gómez Besteiro defendeu ante a militancia que “os partidos políticos, máis que nunca, deben ser exemplo de rexeneración democrática, e adaptarse á esixencia de información actual con total normalidade”. O socialista situou estas medidas no actual contexto e dixo que “a falta de información dun partido nunca debe ser a noticia”, polo que lamentou que “coa situación de extrema gravidade do país, o PP só sexa noticia polos escándalos das súas contas, e por ser máis un problema que unha solución”.
Estas ideas van en consonancia coa aplicación dun reglamento de Código Ético con medidas de transparencia que o socialista xa vén adiantando nas súas reunións por Galicia. Este novo código contempla medidas que fomentan a participación e a rendición de contas pública. Entre elas, a publicación dos salarios da cúpula e dos representantes do partido a diferentes niveis, a obriga de aceptar e respostar a preguntas en todas as roldas de prensa, as sancións polo incumprimento de responsabilidades de representación ou programáticas ou o acceso á información e o traballo realizado polo partido a través das novas tecnoloxías e de reunións periódicas coa militancia e a cidadanía.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



