O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organiza un Curso de preparación para o Celga de 36 horas coa finalidade de dotar o alumnado da información e formación necesaria para superar as probas Celga que convoca anualmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O curso comezará o mércores 17 de xullo e rematará o 11 de setembro; será en Foz, dous días á semana e en horario de mañá. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co seu Concello ou ben chamar ao teléfono 982 140 675.
Curso en Foz para as probas do Celga