O xogo coeducativo Trivial Feminista, un proxecto impulsado e creado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración con dez IES da Mariña de Lugo, non deixa de sorprender. Esta vez ó recibir un galardón dende as XIII Xornadas de Mulleres en Acción da MITCF de Cangas do Morrazo. Dende a súa presentación, o pasado mes de abril, xa se distribuíron máis da metade dos Trivials Feministas editados e o Observatorio foi convidado a presentalo en diversas xornadas de mulleres, como as organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en Pontevedra no mes de maio.
Nesta primeira semana de xullo o Observatorio presentará o Trivial Feminista en Burela e Cangas do Morrazo. A presentación de Burela está enmarcada no curso de verán Facendo a ciencia accesible desde a divulgación, un foro de formación, reflexión e debate arredor de diferentes temas científicos de actualidade, abordados todos eles cun enfoque divulgativo. O curso de verán, organizado polo IES Monte Castelo e a Universidade de Coruña, terá lugar o 3 e 4 de xullo no Salón de Plenos do Concello de Burela. A presentación Trivial Feminista, as mulleres científicas na aula, será o xoves 4 ás 16:00h e intervirán Ana Méndez-Iragorri, técnica do Observatorio, e Inés García Seijo, profesora de Física e Química no IES Monte Castelo.
Na fin de semana o Observatorio desprazarase ao sur de Galiza convidado ás XIII Xornadas Mulleres en Acción, enmarcadas na 30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCF) de Cangas do Morrazo, que teñen por obxectivo a divulgación de proxectos, espectáculos, ideas, noticias e todo aquilo que favoreza a coeducación e a visibilidade das mulleres. O sábado 6 de xullo, ás 18.30h na Sala de Exposicións do Auditorio de Cangas, o Observatorio presentará o Trivial Feminista nunha mesa redonda na que a Libraría Lila de Lilith de Compostela e as Maribolheras Precarias tamén presentarán os seus proxectos.
O domingo día 7 ás 22.30h no Auditorio Municipal de Cangas, na clausura da 30 MITCF, o Observatorio terá a honra de recoller o II Premio Mulleres en Acción por impulsar e crear o xogo coeducativo Trivial Feminista. Un premio que o Observatorio recibe abraiado – o ano pasado, na súa primeira edición, foi outorgado a unha histórica do feminismo galego como é María Xosé Queizán – e emocionado, pois supón un enorme recoñecemento a nivel galego ao traballo dunha pequena asociación feminista que conta con tan só 5 anos de andaina e que ten como ámbito de actuación a Mariña de Lugo.
Recordar que o xogo coeducativo Trivial Feminista ten por obxectivo visibilizar e pór en valor as achegas e logros das mulleres de distintos recantos do planeta e de distintos períodos históricos.
Conta con 1000 preguntas sobre mulleres (200 de Ciencias, 200 de Xeografía e Historia, 200 de Arte e Literatura, 200 de Deportes e 200 de Cultura e Espectáculos) e na súa elaboración participou alumnado de secundaria dos IES de Alfoz, IES de Foz, IES Perdouro e IES Monte Castelo de Burela, IES Dionisio Gamallo Fierros e IES Porta da Auga de Ribadeo, IES Marqués de Sargadelos de Cervo, IES San Rosendo de Mondoñedo, IES Vilar Ponte de Viveiro e IES Illa de Sarón de Xove. Un total de 10 dos 12 IES da Mariña.
O Trivial Feminista ten un custe de 40 euros (35 para soci@s do Observatorio) e pódese adquirir poñéndose en contacto co Observatorio a través do mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627.037.668.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



