Manuel Dios Diz.- MIRA QUE TE DIGO…
O título alude a unha das frases que José Luis Muruzábal Arlegui, o Muru, máis repetía. Era unha maneira de tomar impulso, a palanca necesaria para convencer. No momento en que escoitabas “Mira que te digo” a cousa estaba xa revirada.
Tiña seis anos máis que eu. Sen embargo, cando o coñecín persoalmente, nos últimos anos do franquismo, levaba ás súas costas un enorme caudal de experiencia acumulada, en mil batallas sindicais, cando aínda non existían máis sindicatos que o Vertical. A confianza e seguridade que transmitía ós seus interlocutores era máxima. Poucas persoas atopei que gozaran desa característica tan singular. E a súa fama o precedía. Era un sindicalista de raza. Forxado a si mesmo. Curtido. Teimudo, como bo navarro, firme e flexible a un tempo, na procura do acordo máis satisfactorio.
Rompeu coas CC.OO, o sindicato clandestino que pretendía colonizar o Vertical, desde dentro e desde fora. Desconfiaba da política de pacto social, de ruptura pactada, e do pensamento político que as sustentaba. E o fixo pola esquerda. Foi un dos líderes da creación dos chamados sindicatos “unitarios”, alternativa sindical que promovía o Partido do Traballo. Tratábase de construír, no final da Ditadura, sindicatos asemblearios. Deste proceso naceu a CSUT (Confederación de Sindicatos Unitarios de Traballadores) e, en Galicia, a Confederación Xeral de Traballadores Galegos, a CXTG. E Muru foi o seu principal impulsor. Era unha delicia velo en acción. Para os máis mozos, os que tiñamos arredor dos 20 anos, o Navarro era unha máquina de facer sindicalismo. Así naceron o sindicato da construcción, o do transporte, en asembleas masivas de traballadores, con Muruzábal de mestre de cerimonias.
En 1975, con varios compañeiros, encaramouse á cheminea máis alta e contaminante do estado, a da Térmica das Pontes. Como dicía Manolo Lago hai un ano, o Muru, aínda segue alí… e seguro que, para moitas persoas que o coñeceron, o nome de Muruzábal está inscrito xa no máis alto dos seus ladrillos. Aquel acto heroico o marcou para sempre. Desde alí tivo tempo de ver un panorama desolador. Foi un desafío. Aquel xesto correu como un regueiro de pólvora polas factorías de Ferrol e de Galicia enteira. Dounos o perfil dun home recio, firme, valente como poucos, que foi quen de denunciar unha Dictadura cruel ata o final, a un mes da morte de Franco. Poñía, de novo, ó sindicalismo galego no centro da confrontación política, como estivera en 1972, con Amador e Daniel.
A súa militancia política foi no Partido do Traballo. Por iso quixo envolver o seu propio cadaleito coa bandeira roxa, a fouce, o martelo, e a estrela de cinco puntas, ó son da Internacional tocada a violín, diante dos centos de persoas, de Navarra e de Galicia, que quixemos acompañalo no adeus final, porque nunca deixou de ser un comunista, honesto, humilde, coherente, un fin de época, a dos homes que o deron todo na defensa dos traballadores, a xustiza, a democracia e as liberdades, a do sindicalismo revolucionario e transformador, asembleario, construído desde abaixo, en ágora pública, polo que tanto loitou. Era un adiantado.
Coincidimos na despedida moitas das persoas que estivemos na súa homenaxe hai un ano. Probablemente a máis grande concentración de dirixentes sindicais e políticos do tardofranquismo que eu lembre. Xuntos, unidos, porque si algo representaba José Luis Muruzábal, en carne viva, era a unidade sindical e política.
Pero sobre todo, estabamos os seus alumnos, os que aprendiamos co seu exemplo, coa súa experiencia, os que o tivemos, durante tantos anos, como unha referencia persoal e tamén profesional, cando se fixo avogado. Ou cando decidiu promover unha asociación para a defensa das persoas afectadas por enfermidade mental na Coruña. Compromiso social a mans cheas, con total desprendemento.
Muru, mira que te digo, nun país normal, con dirixentes normais, habería rúas ou prazas co teu nome, ou chemineas Muruzábal. E persoas como ti dirixíndonos. Mentres tanto, desde o alto da Térmica das Pontes, seguirás a recibir o cariño e o agradecemento de tantos, porque fuches, ti si, dos imprescindibles.
Adeus, camarada.
Manuel Dios Diz




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



