Alfoz, 5 de xullo de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou este venres 5 de xullo o impulso comprometido pola Consellería de Medio Rural e do Mar para ultimar os procesos de concentración parcelaria das zonas de Val de Alfoz (Alfoz) e Sasdónigas (Mondoñedo).
A representante do Executivo galego significou nunha visita á zona de concentración alfocense que o departamento autonómico destina preto de 200.000 euros (198.103,64 euros) aos traballos técnicos necesarios para estes dous procesos de concentración.
Arias, acompañada polo alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, indicou que a consellería ven de sacar a licitación o contrato para a redacción dos proxectos e abriu un prazo de quince días naturais, contados dende hoxe, para recibir ofertas, despois do cal procederá ao estudo das propostas e á adxudicación dos traballos.
Nestes dous casos da Mariña, os traballos consistirán na realización do replanteo dos novos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria. Arias considerou que con estes trámites “actúase de xeito decisivo para superar un chanzo que acerca aos propietarios á fase de conclusión deste proceso”.
A delegada territorial destacou as vantaxes da concentración parcelaria, que non só posibilita un aproveitamento racional do solo, senón que “posibilita que se proceda ao fin á regulación xurídica da propiedade de todas as fincas, a través da correspondente inscrición rexistral”.
Con estes traballos, desenvolveranse tarefas en dúas concentracións que engloban a máis de 1.750 propietarios. No caso do proceso de concentración parcelaria de Val de Alfoz, o acordo de concentración foi aprobado no ano 2011. Os datos planimétricos deste procedemento recollen que se intervirá nunha área de preto de 1.660 hectáreas, na que se inclúen 7.746 parcelas de terreo que serán reordenadas ata conformar 2.701 parcelas. Nesta concentración foi executada xa unha primeira fase das obras nos camiños interiores, e foi entregada a titularidade dos mesmos ao Concello de Alfoz.
En canto a Sasdónigas, o proceso de concentración ten acordo aprobado dende o ano 2009. A zona de concentración é dunhas 625 hectáreas, na que se agrupan 3.513 parcelas. Coa reordenación, o espazo contará finalmente con 609 parcelas, o que suporá un “beneficio para os propietarios de cara ao acceso e a explotación das terras”, indicou Arias.
Nos dous casos, os traballos que se levarán a cabo permitirán trasladar ao terreo os acordos aprobados, colocando os marcos que deslindan os terreos e que, en canto sexa posible, os propietarios poidan proceder á toma de posesión dos novos terreos.
A delegada territorial subliñou que o avance nas concentracións parcelarias que ten impulsado o actual Goberno da Xunta representan “unha proba do seu compromiso para apoiar aos concellos rurais coa mellora de servizos e infraestruturas e con políticas de dinamización empresarial”.
Ao respecto, Arias incidiu na “importancia de impulsar a reestruturación da propiedade do solo no rural galego, excesivamente fragmentado, para conseguir un sector agrogandeiro máis competitivo”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



