Barreiros, 31 de xullo de 2013. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, anuncia que mañá volverán izarse as tres bandeiras azuis retiradas temporalmente, grazas á incorporación de dous novos socorristas nos areais de San Bartolo e As Pasada e ó control do vertido do regato que se producía en Arealonga.
A partir de mañá, 1 de agosto, como xa comunicara o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, hai uns días “vamos volver izar esas tres bandeiras. Empezan dous novos socorristas, un na praia de San Bartolo e outro para As Pasadas, como viñamos mantendo para cumprir ese criterio bandeira azul que nos pide dous socorristas en cada unha das praias. En Arealonga quedou controlado o vertido que se rexistraba hai uns días. Hoxe mesmo visitaba eu o regato e está saíndo a auga perfectamente cristalina, sen ningún problema, e polo tanto, vamos izar xa esas tres bandeiras”.
Respecto ás críticas dos partidos da oposición, Fuente Parga responde que “non me sorprenden vindo de quen veñen, pero sorpréndeme porque eu mesmo onte pisaba os areais e, falando coa xente que está nas praias, teño que dicir que o único que me facían chegar era a satisfacción polo ben que están os areais este ano. Estaban ateigados de xente e moitos deles, incluso, curiosamente, me facían chegar a frase de alcalde tranquilo, a praia está bandera. É dicir, que hai que gozar do bo tempo, da praia e deixarse de liortas, que estas cousas non axudan nada ó turismo, porque calquera turista que queira vir a Barreiros e colla o periódico e vexa que estes señores están día tras día con este tipo de críticas, cando logo esta xente se acerca a Barreiros e ve que a praia está a tope de persoas, que todo o mundo se baña, que hai socorristas e que non hai ningún problema”. Para o alcalde barreirense “a oposición de Barreiros non goza da praia. Por iso, pídolles que gocen das praias, que falen das nosas praias, que son excelentes, que cada día temos máis xente nelas e a verdade temos que facer un gran esforzo entre todos porque hai gran afluencia de xente. Entonces, iso é o importante, que veña bo tempo e que a xente siga vindo ás praias”.
Alfonso Fuente insiste en que “o único que recibo é en moitos casos parabéns. E tamén teño que dicir que a día de hoxe no Concello recibíronse soamente dúas queixas a principio do verán, a través do correo electrónico, que está ó servizo de todos os cidadáns, sobre a praia de Arealonga. Concretamente eran con respecto á concentración dos socorristas na zona oriental, e se lles explicou vía correo electrónico o motivo, que era pola acumulación de rochas no lado esquerdo da praia e por iso esa concentración de socorristas na outra zona. É dicir, ano tras ano, como xa dixen o outro día, volven saír estas críticas que pouco axudan. Eu ata agora non me encontrei con ninguén que diga non ven á praia a Barreiros porque non está en boas condicións, iso nunca pasou. Iso é o que están promulgando dende a oposición”. O rexedor engadiu que “o alcalde é o único que día tras día está potenciando a imaxe de Barreiros, o que prexudica a imaxe de Barreiros é o contrario, é a oposición”. Por último, reitéralle ós partidos opositores que “gocen das praias, que fai bo tempo e temos unhas praias excelentes, e polo menos que tamén os veciños gocemos todos delas, igual que gozan os turistas que son os que mellor falan delas en moitos casos”.






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



