Foz, 3 de xullo de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, apoia aos veciños de Cangas que reclaman ao Ministerio de Fomento unha solución para evitar accidentes no cruce da estrada Nacional 642. Este foi un dos asuntos que se abordaron na reunión celebrada onte na parroquia, na que xunto ao rexedor municipal estiveron os concelleiros do goberno local Pedro Fernández Manín, Maite López Rego e Ánxel Paleo.
“O grupo de goberno segue coas charlas nas parroquias, neste caso tocoulle a Cangas, que é a segunda máis poboada do concello de Foz, con case mil habitantes. Foi unha reunión moi concorrida, o cal me congratula porque demostra o interese por parte da xente en falar dos problemas e das suxestións sobre a parroquia, que en definitiva é do que se trata”, manifestou hoxe Javier Castiñeira.
O alcalde explicou que “o grupo de goberno escoitou aos responsables da asociación de veciños e a varios dos participantes na xuntanza, que formularon suxestións, algunhas queixas e tamén agradecementos por esa serie de obras que se fixeron na parroquia, unha delas as beirarrúas na travesía da estrada que vai de Cangas a Ferreira. Esta era unha obra moi demandada polos veciños e o compromiso do grupo de goberno é seguir traballando na segunda fase, que queremos que se faga para o ano 2014”.
Castiñeira engadiu que na reunión “ofrecemos a máxima colaboración dentro das posibilidades que ten o Concello, que é unha das cousas que tamén se trata de explicar aos veciños. A situación económica do Concello está no seu peor momento, con 200.000 euros menos aínda que o ano pasado, que xa fora malo. Esas dificultades máximas son as que ten o Concello para tratar de levar os servizos básicos. En Cangas, coma no resto das parroquias, entenden as complexidades que hai agora mesmo no Concello, pero evidentemente hai que mellorar en certas cousas, como no estado dos colectores para a recollida de residuos ou no rozado de pistas e cunetas. Ademais volveuse facer outra vez énfase no estado das estradas forestais, danadas pola extracción de madeira”.
Pero o rexedor municipal destacou un asunto “que afecta de forma moi importante a esta parroquia: é o estado da estrada Nacional no cruce de Cangas, que é unha zona perigosa e por parte dos veciños demándase que o Ministerio de Fomento dea algún tipo solución para ese cruce. Falouse de pasos de peóns elevados, dunha pasarela peonil ou dalgún tipo de rotonda, porque houbo sucesivos accidentes e é certo que o Ministerio de Fomento non está facendo nada por resolvelo”.
Javier Castiñeira rematou agradecendo aos veciños de Cangas “esa preocupación pola súa parroquia” e proponlles “que traten de formar unha xunta directiva nova para a asociación de veciños, que actualmente ten unha xestora”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



