Este venres, día 19 de xullo, no Parque de San Francisco de Ribadeo, o BNG organiza un acto co gallo do Día da Patria Galega. Este acto enmárcase dentro do conxunto de actividades que os nacionalistas están a realizar na comarca da Mariña durante este mes para celebrar o Día da Patria Galega, que é o 25 de xullo, e que este ano se centra en exixir máis soberanía para Galiza.
Deste xeito, todas aquelas persoas que se acheguen, desde as 19 horas, ao parque de San Francisco de Ribadeo poderán degustar, a prezos populares, numerosos produtos locais que desde o BNG queremos pór en valor. Ademais, haberá foliada para amenizar o acto.
Ás 20:30h, nese mesmo lugar, terá lugar o Acto Público no que intervirán Fernando Suárez (Alcalde de Ribadeo do BNG) e Ana Ermida (Responsábel Comarcal do BNG).
Por último, desde o BNG, queremos convidar a todos os veciños de Ribadeo a que este venres, día 19, se acheguen ao Parque de San Francisco para degustar os produtos locais e participar do acto público que terá lugar ás 20:30 horas.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



