O goberno municipal do Valadouro vén de rexistrar un requerimento de información dirixido ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do goberno autonómico no que esixen que expliquen a intención de privar á escola infantil do municipio dunha monitora encargada de atender os nenos de 0 a 2 anos para destinala ao centro de Alfoz. Unha decisión “tomada de xeito unilateral e sen informar ao Concello, como acostuma a facer o PP”, a pesar de que son as arcas locais as que asumen os custos de mantemento, limpeza, vixianza e seguridade e de que o Concello forma parte do convenio asinado coa Xunta, e que asumiu incluso os custos de ampliación da escola en 2010.
O alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, censura o “novo ataque do goberno autonómico aos servizos públicos” e a “nova política do PP de desvestir un santo para vestir outro e sempre en favor dos seus intereses particulares e en detrimento dos veciños, que se está a ver tamén noutras actuacións relacionadas coa educación ou a sanidade na Mariña”. Por todo isto, os gobernantes do Valadouro solicitan explicacións sobre os motivos desta supresión sen ningú tipo de información ao Concello e esixen “que se convoque con carácter urxente a Comisión Mixta de seguimento do Convenio a fin de analizar o impacto e a incidencia que poidese ter dita decisión na calidade do proxecto pedagóxico do Centro así como no seu caso analizar posibles alternativas”, xa que, denuncian, o Concello pediu en xuño de 2011 que se reunise dita Comisión sen obter resposta.
Afectará a outros concellos
O goberno do Valadouro advirte de que esta decisión de suprimir monitoras para dotar a escola infantil da Xunta en Alfoz, “afectará tamén a outros concellos como Foz”, segundo a información á que tiveron acceso. “A Xunta renuncia á dotación e creación de servizos públicos e segue coa súa teima da austeridade por riba de todo”, critican.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



