O Valadouro, 24 xullo de 2013.- O voceiro do Grupo Municipal Popular e ex alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela, vén de rexistrar unha moción para o seu debate en futuras sesións do Pleno municipal na que os populares locais propoñen a creación e posta en marcha dun plan de emprego municipal.
A iniciativa busca que tamén, nesa segunda parte da lexislatura local, o Concello se implique na procura de solucións para os seus veciños desempregados e, en concreto, que o actual Equipo de goberno asuma o compromiso de poñer en marcha unha serie de medidas que contribúan á incorporación no mundo laboral daqueles veciños que a día de hoxe se atopan no paro.
OBRADOIRO DE EMPREGO
Lamela lembra que o PP, cando exerceu a responsabilidade do Goberno local impulsou, en colaboración coa Xunta de Galicia e, tras participar nun proceso selectivo de libre concorrencia, diversos apoios destinados aos desempregados, como foi o caso da posta en marcha dun Obradoiro de emprego, que vén de rematar nas pasadas datas o seu período de vixencia. Para compensar esta circunstancia os populares buscan impulsar novas iniciativas en apoio dos seus veciños desempregados.
INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN
A proposta do Grupo Municipal Popular inclúe -segundo explicou Lamela- diversas iniciativas como son a contratación directa de novo persoal ou, a posta en marcha dunha serie de incentivos a empresas e autónomos que contraten a veciños empadroados no municipio.
Lamela asegura que este tipo de iniciativas son viables “tendo en conta a situación saneada na que se atopa o Concello” e que todas elas contribuirían a axudar aos desempregados tralo remate da iniciativa política anterior, o Obradoiro de emprego.
PROPOSTA CONSTRUTIVA
Lamela fixo un chamamento á responsabilidade política dos partidos integrantes da Corporación Municipal e insistiu en que o Plan de Emprego proposto é unha iniciativa construtiva. Espera polo tanto que na idoneidade da súa posta en marcha concite o apoio das outras tres forzas políticas que compoñen a Corporación: PSOE, Udival e BNG.
O portavoz popular di que a iniciativa xurde do Partido Popular, como formación política maioritaria, pero insiste en que todos os representantes políticos e tamén todas as administracións públicas, independentemente de que as goberne, –puntualiza-, deben traballar nesta liña e deben mostrar os seus compromisos. Especialmente neste momento á hora de destinar os recursos económicos necesarios para poñer en marcha accións que poidan axudar a aqueles veciños desempregados que se atopan nunha situación vulnerable”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



