Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos facer unha crítica contundente á maneira de levar a política turística do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela. Temos que criticar a falla de interese total e a desidia coa que está actuando este equipo de “desgoberno” neste senso, e que está a prexudicar claramente a imaxe do noso pobo causando un grave prexuízo económico á nosa hostalería.
Non fai falla máis que dar unha volta polo noso pobo para ver a imaxe de deixadez que se pode ver nas xardineiras de Arcadio Pardiñas (como se pode ver na imaxe), a oficina de turismo pechada, o barco museo que é unha referencia turística do noso pobo pechado e abandonado á súa sorte, cubos de basura desprendendo un olor insoportable, etc, etc, etc…
O que si podemos comprobar é que ó noso alcalde lle gusta máis a foto que un caramelo a un neno, gústalle facer anuncios e publicitarse como a ninguén, o problema é que os anuncios que fai carecen totalmente de fundamento e son mentiras. Como exemplo a nota de prensa que sacan o pasado 3 de maio anunciando un plan de rebacheo do pobo, nese anuncio saía fotografado xunto có que di ser o concelleiro de obras nun bache na rúa do Río, pois ben, como se pode comprobar na foto que adxuntamos, ou non pegou ben o alquitrán, ou non se fixo nada, como no resto do pobo. A proba non deixa lugar a dúbidas de ningún tipo. Podemos dicir que este equipo de “desgoberno” é un fraude para os veciños e veciñas de Burela.
Dende o PSdG-PSOE de Burela voltamos a pedirlle a este equipo de “desgoberno” que se poña a traballar dunha vez e se deixen de anuncios e de autobombo que non lles soluciona nada ós veciños e veciñas de Burela.
Por certo, xa vemos que cando se trata de obras que benefician ós membros do equipo de “desgoberno”, si que se apura e se anda áxil, non fai falla máis que ver que o asfaltado dunha rúa que pasa por diante do chale do Sr Fernández Valle (tenente alcalde), convértese nunha ampliación da rúa para facela avenida non vaia a ser que o flamante chale do personaxe en cuestión non quede á altura que se merece, pero deste tema xa haberá tempo de falar.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



