Santiago, 20 de xullo de 2013.- Portos de Galicia vén de rematar as obras de dragaxe da canle de acceso á dársena de Foz, unha actuación demandada polo conxunto da comunidade portuaria. O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou a zona, na que se incrementou o calado dos fondos mariños e da que se extraeron 6.000 metros cúbicos máis dos previstos sen incrementar o custo inicial.
A actuación consistiu na extracción de 31.000 metros cúbicos de area do fondo da dársena, de xeito que se incrementou o seu calado, mellorando a operatividade do peirao. O orzamento dos traballos foi de 236.999 euros e o prazo de execución previsto pola empresa, que era de cinco meses, reduciuse a pouco máis dun mes.
A caracterización dos sedimentos realizada na tramitación previa da obra revelou que se trataba de areas medias limpas, con escasos finos e materia orgánica, que será depositada na zona de Areosa, tal como se consensuou co Concello e a comunidade portuaria. A elección deste punto de vertido da area motivou a dilatación da tramitación das obras, dado que tanto o sector profesional como o da náutica recreativa solicitaron a Portos que se estudiase outra alternativa, que finalmente non resultou viable. Portos de Galicia aceptou realizar esta avaliación, asumindo o retraso nos traballos, en aras do consenso cos usuarios do porto.
Cómpre lembrar, ademais, que no ámbito da dragaxe conflúen tres catalogacións ambientais: Rede Natura, Lugar de Interés Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección Ambiental (ZEPA) o que obligou ao ente público a desenvolver unha escrupulosa tramitación ambiental previa, de xeito que se obtiveron plenas garantías de conservación do entorno.
Esta dragaxe de Foz súmase á realizada hai dous anos, así como ás actuacións de mellora da seguridade portuaria e do ordenamento do solo que Portos de Galicia vén de executar tamén no municipio, cun investimento global de máis de 700.000 euros.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



