Lugo, 9 de xullo de 2013.- A delegada territorial, Raquel Arias, defendeu a transparencia dos procesos de selección de persoal para emerxencias que iniciaron algúns concellos da provincia. “É rotundamente falso que a Xunta e a Deputación de Lugo acordaran paralizar o proceso de selección de persoal dos grupo de emerxencias supramunicipal” (GES), afirmou.
A delegada entende que a Deputación “o único que quere é enredar”. Explica que o proceso de selección de persoal para os GES é responsabilidade dos concellos, “por suposto dende a Xunta de Galicia non imos tolerar ningunha irregularidade, pero o que tampouco imos facer é facerlle a campaña ao señor Besteiro”.
Arias afirma que a Comisión de Seguimento dos GES, da que forman parte Xunta, Deputacións e Fegamp. reuniuse onte a petición da Deputación para estudar supostas incidencias na posta en marcha de tres grupos e, “por abrumadora maioría dos seus membros, 15 dos 16 que a integran, estimou que o procedemento que seguen os concellos de Quiroga e Guitiriz é correcto”.
Pola súa banda, sinalou Arias, “tal e como se viu, o concello de Folgoso do Courel non está seleccionando persoal para o GES, senón para dispoñer dun equipo de emerxencias do propìo concello”. Este equipo, engadiu, funcionará en tanto non se poñan en marcha os GES, momento en que, segundo acordou onte a comisión, “estudarase se é posible a integración dese grupo no novo GES ou se, polo contrario, contravén o convenio”.
A delegada lamenta “a actitude da Deputación de Lugo, que unha vez máis antepón intereses partidistas aos intereses e necesidades dos cidadáns porque actúa só con dos obxectivos: a promoción e autobombo do seu presidente e a politización de toda a súa xestión, aínda que iso supoña deixar aos veciños sen atención de emerxencias ou mesmo sen servizos sociais”.
Arias lembra que a creación dos GES foi acordada pola Xunta, as Deputacións e a Fegamp, “pero, como vén sendo habitual, avanzado xa o proceso a Deputaciónde Lugo tenta boicotealo e poñer paus nas rodas”
Raquel Arias entende que as recentes declaracións de deputados socialistas sobre os GES buscan “confundir á cidadanía e sementar dúbidas sobre un proxecto que por primeira vez instaura unha cobertura completa e racional das emerxencias na provincia e profesionaliza aos equipos que desenvolven estas funcións nos concellos”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



