Luns 8 de xullo. A segunda edición do Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base botou o peche na bisbarra mariñá este domingo 7 de xullo, onde brillou a ilusión, a vontade, os méritos e a paixón polo deporte. Preto de 350 promesas futbolísticas homenaxearon o mozo policía burelao Rodrigo Maseda Lozano, nunha cita de calidade, e moi igualada, na que o cadro de honra estivo moi repartido.
Na comarca quedaron os galardóns nas categorías benxamín e cadete, para ADFS A Mariña e CD Burela FS respectivamente. O Troula Betanzos impúxose en alevíns; o histórico Las Rozas Boadilla venceu en infantís e o título de xuvenís foi para o Vilalba FS. A deportividade tamén reinou nesta competición tan especial destacando EDM Cervo (benxamín), ED EON Burela FS (alevín), Guadalajara (infantil), ED Vigo 2015 FS (cadete) e Troula Betanzos (xuvenil).
O pavillón Vista Alegre acolleu a gala de clausura do Memorial Rodrigo Maseda Lozano, que contou coa presenza do tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández Valle; a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán; o edil de Deportes de Foz, Ángel Paleo; Cesarina Fanego e Rubén Blanco, representando a Pescados Rubén como membro do padroado da fundación; os protagonistas do clínic, Sito Rivera e Juanlu Alonso; a directora da Fundación Eu Son, Noelia Eijo; xunto a José Ramón Maseda, pai do homenaxeado, e o presidente e o vicepresidente de Imdecum, Marcelino Luna e Manuel Blanco.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
