Ribadeo, 10 de xullo de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobará, na súa xuntanza do vindeiro venres, a concesión dunha subvención por valor de 80.000 euros para financiar os gastos derivados do programa ‘Plan de Mellora da Praia das Catedrais’ co que a Vicepresidencia da institución reforzará o seu compromiso coa promoción turística do municipio de Ribadeo e da comarca da Mariña.
Este proxecto, presentado polo concello de Ribadeo, ten como obxectivo mellorar o servizo de información turística dun dos enclaves con maior proxección de Galiza, a Praia das Catedrais; un enclave turístico de primeira magnitude por consideracións históricas, cultuais e naturuais. Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación lucense explica que “son estes motivos os que xustifican a necesidade de contratar persoal para a atención do punto de información turística e dar cobertura á demanda existente de información do areal e do seu entorno, algo que se poderá levar a cabo grazas a este programa que conta co respaldo da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial.”
“Este Plan – precisa Veiga – non só constitúe unha actuación de interese público que incide de xeito positivo no sector do ocio e do turismo, senón que tamén contribúe a xeración de postos de traballo, o que enfatiza aínda máis as súas repercusións na economía do municipio e da comarca.”
Ademais do fomento da proxección turística da Praia das Catedrais, o desenvolvemento de programas especiais para tal fin e a edición de material informativo, con este convenio a Vicepresidencia da Deputación contribuirá á contratación de persoal para a realización de labores de limpeza do areal, o coidado da ribeira e zonas verdes e aportará o investimento necesario para a construción duns novos aseos.
Valoración do alcalde de Ribadeo
Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tras coñecer que a Xunta de Goberno do ente provincial aprobará esta axuda esta mesma semana, valora positivamente a aportación e o compromiso da Vicepresidencia da institución coa promoción turística da Mariña e en especial coa Praia das Catedrais, que forma parte do Camiño Norte de Santiago e está considerada Lugar de Interese Comunitario e Monumetno Natural.
Suárez contrapón “a implicación e traballo da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial coa Mariña e o sector turístico coa falla de apoio da Xunta de Galiza e o Goberno do Estado, que continúan sen ter enconta este enclave paisaxístico e turístico que o concello por sí só é incapaz de manter. A Deputación de Lugo é a única institución supramunicipal que contribúe á promoción turística e ao coidado do areal.”
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



