Dende a asociación de comerciantes de Lourenzá ACIAL organizan, o vindeiro 25 de xullo no recinto feiral de Lourenzá, a xuntanza de xeracións do colexio Xoán Rei e escolas unitarias. Con isto pretenden que se retome contacto con antigos compañeiros da infancia. A comida será servida polo catering Chao dos Navais de Trabada a partir das 14:00 h e cun prezo de 28 euros -a metade para os menores de 12 anos-; e pola tarde, haberá música e algunha sorpresa. A venda de entradas ten como data límite o domingo 21 de xullo e poden comprarse en todos os bares do concello, ós que lles agradecen a sua colaboración, coma ó Concello -por ser coordinador- e ó colexio Xoán Rei por colaborar e facer que esta reunión se leve a cabo.
Xuntanza de xeracións do Xoán Rei