O presidente da Asociación de Veciños Cruz da Venta, José Luis Sariego, mantivo unha xuntanza co alcalde de Cervo, Alfonso Villares, co obxectivo de transmitirlle as necesidades e as inquietudes recollidas pola entidade e que inclúen propostas e medidas para mellorar a vila de San Ciprián. Unhas peticións achegadas polos veciños a esta asociación e tamén xurdidas por iniciativa do propio colectivo veciñal.
Sariego destacou a boa disposición do rexedor ante estas demandas, que se comprometeu a estudalas e a darlles solución. Ao mesmo tempo, o presidente de Cruz da Venta tamén aproveitou para solicitar novas colaboracións do Concello de Cervo, que xa vén apoiando a actividade da asociación. Neste caso Villares tamén adquiriu o compromiso de seguir colaborando coa entidade. Esta reunión co rexedor foi solicitada pola Asociación Cruz da Venta, que agradece ao mandatario cervense a axilidade coa que atendeu a petición.