A Deputación amosa o seu rexeitamento ós recortes anunciados pola Consellería de Educación que pechará para o vindeiro curso 9 unidades educativas na provincia de Lugo. Esta medida supón que os colexios de Antas de Ulla, Chantada, A Fonsagrada, O Vicedo, Lugo, Paradela e Begonte perderán unha unidade de primaria, mentres que A Pontenova e Navia de Suarna perden unidades de infantil. Son en total 13 postos de mestre que desaparecen e que se suman ós 54 postos eliminados pola Xunta do PP nos últimos anos.
O Deputado de Cooperación cos concellos, Álvaro Santos Ramos, e a presidenta da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos da provincia de Lugo (FAPACEL), Elvira Lombao, amosaron o seu rexeitamento a estas medidas que consideran o desmantelamento do ensino público no rural.
Segundo Álvaro Santos, os continuos recortes provocan a masificación das aulas e o reagrupamento de alumnos o que pon en perigo a calidade educativa. Para o Deputado “estes datos revelan o pouco interese da Xunta por fixar poboación no rural, obxectivo que persegue a Deputación. Por iso non entendemos que se pretendan vender estas medidas como favorables para os cativos e os pais, porque a masificación das aulas, a falta de atención á diversidade e a precariedade nos servizos están moi lonxe dun ensino de calidade”. Para o Deputado é inadmisible que “A Xunta gaste en campañas de publicidade para ter fillos e retire os servizos públicos imprescindibles para crialos como son escolas, profesores ou libros”.
Álvaro Santos insistiu en que a crise non é escusa para recortar en educación e pola contra reclama un especial tratamento da educación no rural para evitar a súa desaparición. Dende que o Partido Popular chegou ó Goberno da Xunta foron varios os recortes acometidos no campo da Educación e que tiveron unha moi negativa repercusión no rural. Ó peche de unidades e retirada de mestres únese a eliminación da gratuidade dos libros de texto, co programa que puxo en marcha o bipartito, a suba do IVE que encarece as cotas a pagar, a unificación das rutas de transporte que supón máis tempo de desprazamento sobre todo no rural e o “repago” dos comedores.
Esta situación súmase o desmantelamento de Preescolar na Casa, un programa que beneficiaba a 900 nenos de Lugo, dos que o 90% son do rural, é dicir uns 630 pequenos de entre 0 e 3 anos que quedaron sen este servizo.
Recortes que inciden máis no rural
Elvira Lombao acusou á Xunta de “pretender cargarse o ensino no rural” e fixo público o malestar da Federación que preside por estes recortes. Denunciou que ademais das unidades que a Xunta anunciou que pechaba, na zona da montaña a Consellería retira outros 5 mestres especialistas de infantil. Segundo FAPACEL, Cervantes, Navia, O Incio e Samos quedan sen estes profesores de apoio que formaban parte dunha medida de discriminación positiva á montaña lucense e que estaban destinados de xeito provisional polo que a Xunta non recoñece que foran retirados.
A Presidenta das ANPAS de Lugo insistiu en que o agrupamento por niveis perxudica enormemente a calidade do ensino, cando como no caso de Cervantes se agrupan un profesor ten que atender a cativos de 5 niveis diferentes. As ANPAS e profesores critican ademais as formas e o tempo destes anuncios xa que consideran aproveitan o verán, co curso rematado para sacar o listado de unidades e profesores suprimidos na provincia de Lugo, tratando de evitar que estes colectivos organicen as súas protestas.
FAPACEL está a realizar diferentes iniciativas para reivindicar un ensino de calidade no rural como percorrer o Camiño a Santiago ou a Festa da Involución Educativa que se celebrará o día 23 en Cervantes.
Recortes na pública pero máis cartos para a privada
Por outra banda a Xunta ven de anunciar que subirá o prezo da rede de escolas infantís “A Galiña Azul” ata os 163 euros, 235 con comedor. A deputación considera que se trata Un prezo desorbitado que da conta da mala xestión dos recursos públicos, pero é que ademais recoñecen que as prazas que ofertan son insuficientes. En lugar de crear novas prazas, a Xunta dedícase a repartir cheques infantís para que os nenos acudan a centros privados.
A Deputación critica tamén o destino de fondos a centros privados e considera que “o PP está a desmantelar o sistema educativo público mentres fai unha clara aposta polo ensino privado destinando cada ano millóns de euros e creando unidades novas que retira do rural”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



