Lugo, 14 de agosto de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou, este mércores, na presentación do II Forum de Innovación e Formación sobre vehículos, que se vai celebrar os vindeiros días 28, 29 e 30 de agosto nas instalacións do Hotel Cabazo de Ribadeo, e que está organizado pola Asociación de Profesores Técnicos e de Esinanza Secundaria de Automoción de Galicia, APAGA, en colaboración co organismo provincial.
Esta actividade, que está aberta tanto a profesionais do sector, profesores e estudantes de Formación profesional, como a afeccionados ao mundo do motor, desenvolverase en tres xornadas nas que as mañás darán cabida a unha serie de conferencias sobre tecnoloxías punteiras no automóbil, impartidas por profesionais de grande prestixio, mentres que as tardes se dedicarán a obradoiros que permitirán desenvolver cuestións prácticas.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga amosou a satisfacción polo feito de que se repita a experiencia do ano pasado e animou á organización “a seguir convocando esta actividade formativa que, de seguro, en poucos anos, se convertirá en todo un referente na Mariña”.
Ademais, o vicepresidente da Deputación precisou que “é unha mágoa que outras administracións públicas non se sumen á colaboración no desenvolvemento desta actividade, que significa un importante pulo económico para a vila de Ribadeo e arredores, dada a cantidade de xente que move”.
Paralelamente, os días 30 e 31 de agosto, e 1 de setembro, organízanse dúas exposicións nos xardíns do propio hotel, unha sobre coches actuais e outra de automóbiles clásicos, que darán cabida a unha vintena de vehículos procedentes de coleccións privadas, e que estarán abertas a todo o público en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



